spot_img
InicioO MorrazoMoañaAmigos da Terra forma no Concello de Moaña sobre a depuración biolóxica...

Amigos da Terra forma no Concello de Moaña sobre a depuración biolóxica das augas residuais

Amigos-da-Terra-forma-Concello-Moaña-sobre-depuración-biolóxica-das-augas-residuais

Amigos da Terra organizou o xoves en Moaña as Xornadas Técnicas de Fitodeputación ‘A depuración natural das augas residuais urbanas’. A formación foi de balde e desenvolveuse durante a maña no salón de plenos. A actividade está vinculada ao proxecto apoiado á ONGD polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, e polo Concello como socio desta entidade, para facilitarlle o acceso á auga potable a máis dun milleiro de persoas empobrecidas en Nicaragua.

Divulgar e sensibilizar sobre a contaminación da auga e a eficiencia enerxética, achegando solucións técnica e economicamente viables, é o obxectivo do curso. Expuxéronse pois as bases científicas e técnicas dos biofiltros de plantas acuáticas, alén dos diferentes métodos e casos de éxito en Galicia.

Tamén abordáronse fórmulas para construír un sistema de fitodepuración e se analizarán os custos, para rematar cun suposto práctico. A acción esta especialmente dirixida a persoal técnico dos concellos, xestores de comunidades de montes e de instalacións públicas e privadas, así como a profesionais que se dediquen á planificación do territorio (arquitectas, enxeñeiros, etc.), amais do público xeral.

A proposta encádrase no proxecto de cooperación internacional financiado polo Fondo Galego e que Amigos da Terra executa en Nicaragua da man da ONGD local Instituto de Promoción Humana-Somoto. A instalación de bioxardineiras, a rehabilitación de pozos, a reforestación das fontes de auga ou capacitacións sobre a xestión do recurso hídrico e o saneamento ambiental son algunhas das accións que se están a levar a cabo.

Preto de 180 familias beneficiaranse desta intervención nunha zona que se acha en situación de pobreza extrema, onde reducir a contaminación da auga resulta clave paraminguar a incidencia de enfermidades e na que a agricultura, que constitúe a principal fonte de ingresos, se ve gravemente afectada pola seca.

- Publicidade -spot_img