Alumnos do IES Sangriña da Guarda, amosan o seu robot na Alameda durante as Festas do Monte

alumnos-do-ies-sangrina-da-guarda-amosan-seu-robot-na-alameda-as-festas-do-monteUn grupo de alumnos do IES A Sangriña, de entre 16 e 17 anos, xuntáronse fai dúas semanas para construír e programar un robot, que agora amosan e mesmo permiten dirixir a todas aquelas persoas interesadas que se acheguen á Alameda, entre as 18.00 e as 20.00 horas ata este sába

María Rodríguez, impulsora do proxecto, tivo a idea de crear un grupo de robótica fai algo máis de dous meses, co fin de montar e programar un aparello electrónico que, dirixido de forma remota, fose capaz de moverse e superar obstáculos. Agora, e tras dúas semanas de traballo, a creación deste grupo de mozas e mozos bautizados como “Celtic Bots”, xa é unha realidade, e tan só o primeiro paso nun proxecto que agarda ser máis amplo.

de cara o novo curso pasa por aumentar o número de participantes nesta iniciativa tecnolóxica, incluíndo a alumnos e alumnas de todas as ideades e procedentes doutros centros educativos que teñan interese e capacidades en distintas disciplinas. Neste sentido, apunta María, “existe moitos prexuízos sobre o que é a robótica”, referíndose a esta como unha rama multidisciplinar na que conviven distintos campos, como “a construción, deseño, matemáticas ou a administración”, polo que perfís moi distintos teñen cabida.

Polo de agora, todas as persoas interesadas en coñecer o primeiro traballo deste equipo poden visitar o seu circuíto instalado na Alameda, onde se poderá conducir o robot e poñelo a proba nun campo de obstáculos. Os creadores irán anotando os tempos e puntuación de cada un dos participantes, dependendo das probas e atrancos que sexan capaces de superar, de xeito que se converta nunha competición entre afeccionados.

A actividade comezou a expoñerse onte pola tarde, espertando a curiosidade de maiores e pequenos, aínda que foron estes últimos os que amosaron de forma xeral unha maior disposición a probar o robot, para cuxa construción os alumnos contaron cun equipamento de robótica do IES A Sangriña.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies