spot_img
InicioVal MiñorBaionaAlmuiña e Louzán supervisaron hoxe os traballos que se están executando para...

Almuiña e Louzán supervisaron hoxe os traballos que se están executando para asfaltar a entrada do Parador de Baiona

Almuiña-Louzán-supervisaron-hoxe-traballos-executando-asfaltar-entrada-Parador-BaionaO alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán Abal, supervisaron hoxe os traballos que se están executando para asfaltar a entrada do Parador de Baiona.

As obras divídense en dúas fases: Unha primeira fase consistente en posibilitar o acceso de camións, autobuses, etc, ao recinto para facilitar a chegada de xente con mobilidade reducida e mellorar a accesibilidade en caso de emerxencia, por exemplo ante un incendio, no tramo entre as dúas murallas. Para iso, rebaixouse o rasante e modificáronse os radios das curvas.Almuiña-Louzán-supervisaron-hoxe-traballos-executando-asfaltar-entrada-Parador-Baiona

Unha segunda fase relativa ao asfaltado da estrada que vai desde a parte alta do Parador até a saída e conexión da estrada da Xunta Vigo-Camposancos. Desta maneira, vaise a mellorar o acceso ao parador pero tamén o acceso á praia Ribeira e ao parque da Palma. Ademais, construirase un paso elevado á altura da oficina de turismo que mellorará a conexión entre os dous puntos.

O alcalde, Jesús Vázquez Almuíña, declarou que as obras estarán terminadas antes do fin de semana polo que se poderá estrear este novo acceso no cume hispano-lusa que se celebrará o próximo día 22 na Vila

Tras as obras, o acceso a estes destinos verase mellorado. Cun Parador máis accesible espérase que as melloras incidan no número de visitantes e potencien o turismo da Vila xa que o Parador de Baiona é un motor fundamental no turismo da localidade.

Almuiña-Louzán-supervisaron-hoxe-traballos-executando-asfaltar-entrada-Parador-BaionaAs obras son froito dun convenio entre Deputación, Concello e Paradores para potenciar o turismo na zona: en concreto, para pór en valor o Castelo de Monterrei (Parador) e mellorar a accesibilidade ao propio recinto.

O orzamento atribuído é de 160.000 euros cuxo groso do investimento corre a cargo da Deputación de Pontevedra.

- Publicidade -spot_img