spot_img
InicioBaixo MiñoA Agrupación Musical do Rosal celebra a seu tradicional concerto de “Santa...

A Agrupación Musical do Rosal celebra a seu tradicional concerto de “Santa Icía”

A Agrupación Musical do Rosal celebra este sábado a súa tradicional “Santa Icía” e renderá homenaxe a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal

O concerto de Santa Icía é unha das datas máis esperadas dentro da axenda anual da Agrupación. É unha cita esperada polo noso público, para o que tratan de preparar cada ano un gran concerto con moito esmero e cariño; pero sobre todo polos músicos que integran esta formación, xa que é a festividade da patroa da súa profesión. E de entre todos os que suben ao escenario, é un día especialmente emotivo para os rapaces e rapazas que fan o seu debut con esta banda de música que este ano ven de cumprir o seu 31º aniversario.

Neste concerto renderase homenaxe a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, recoñecendo así a gran labor que realizan nos nosos montes, así como tamén a colaboración que
ven prestando dende fai moitos anos ás diferentes entidades culturais e deportivas do noso
concello, entre as cales se atopa a nosa.

Os actos terán lugar este sábado día 9 de decembro e comezarán cunha misa ás 18:30 na honra a
Santa Icía, na Igrexa Parroquial de Santa Mariña, cantada pola Coral da Agrupación Musical do
Rosal.

A continuación terá lugar o acto central da celebración, o concerto da banda baixo a batuta de José Javier Bascoy, que terá lugar ás 20:30 horas no Auditorio Municipal do Rosal, no que farán a súa presentación os novos integrantes. O programa que este ano ofrecerá a banda ven cargado de melodías que a todos van “enganchar”. Combinarán, coma na maioría das ocasións, as obras orixinais para a formación, con transcricións de grandes obras sinfónicas ou líricas, buscando sempre un concerto cheo de moi boa música.

O concerto abrirase co pasodobre “Las Arenas”, do compositor Manuel Morales, un dos especialistas
no xénero actualmente. A continuación terá lugar a presentación e benvida ás filas da banda dos
novos compoñentes.

A promoción deste ano é especialmente numerosa: nesta Santa Icía, farán o seu debut unha decena de rapaces e rapazas, músicos nacidos das aulas da escola de música da Agrupación. Logo, faran unha viaxe musical de Londres a Venecia con “Orient Express”, obra do clásico compositor para banda Philip Sparke, de orixe británico. Seguindo, disfrutaremos dun interesante arranxo dun dos musicais de máis éxito do Broadway dos anos 90´s, con “Miss Saigon”, de Claude M. Schoenberg (autor tamén doutras obras tan famosas como Os Miserables). Como punto final, escoitaremos “Con tu manta”, obra do compositor canario J. M. Encinoso, que cos seus ritmos latinos de seguro que fará as delicias do noso público. Esta velada festiva terminará cunha cea‐baile na que participarán músicos, socios e familiares da Agrupación Musical.

- Publicidade -spot_img