spot_img
InicioReportaxesAcordo de colaboración con Ecoembes para combater os lixos mariños e fomentar...

Acordo de colaboración con Ecoembes para combater os lixos mariños e fomentar o emprego verde

acordo-de-colaboracion-con-ecoembes-para-combater-os-lixos-marinos-e-fomentar-o-emprego-verde

A Fundación Biodiversidade e Ecoembes asinaron un acordo de colaboración co obxectivo de combater o lixo mariño e fomentar o emprego verde no noso país, que contempla unha dotación de 400.000 €.

Durante a firma, na que participaron a directora da Fundación Biodiversidade. Sonia Castañeda, e o conselleiro delegado de Ecoembes, Óscar Martín, reafirmouse o compromiso de ambas as institucións no fomento do emprego verde.

Concienciados sobre a necesidade de desenvolver iniciativas que contribúan ao coidado do ecosistema mariño, ambas as institucións poñerán en marcha unha convocatoria específica para apoiar proxectos relativos a lixos mariños. Abarcarán actuacións como a elaboración de estudos sobre o impacto dos lixos no medio mariño, así como accións de voluntariado e de limpeza en diferentes praias do litoral español. O obxectivo do acordo é contribuír a paliar os efectos socioeconómicos negativos dos lixos mariños, así como a ameaza que significa tanto para a saúde humana como para a fauna e flora mariña.

Doutra banda, Ecoembes e a Fundacion Biodiversidade desenvolverán actuacións de Innovación Social, a través da posta en marcha de proxectos dirixidos a mellorar o emprego e a fomentar o emprendemento no ámbito da prevención e a reciclaxe.

Doutra banda, e no marco da Rede emprendeverde da Fundación Biodiversidade, desenvolveranse accións que fomenten a creación de empresas nesta área de traballo e novas liñas de negocio.

Sonia Castañeda destacou que ?sabemos que a economía verde é o presente e o futuro e este acordo permitiranos apoiar a novos emprendedores para que poñan en marcha as súas ideas?.

- Publicidade -spot_img