spot_img
InicioGaliciaA CoruñaA acción de Greenpeace no almacén de carbón do porto da Coruña...

A acción de Greenpeace no almacén de carbón do porto da Coruña termina con catro detidos

accion-greenpeace-no-almacen-carbon-do-porto-da-coruna-termina-catro-detidos
04/09/2017. Puerto de A Coruña, Galicia, Activistas de Greenpeace bloquean “La Medusa”

A acción de Greenpeace quería poñer de manifesto a necesidade de abandonar o carbón polos seus efectos negativos para o clima e a saúde das persoas. Outros cinco activistas que participaban na protesta foron postos en liberdade. 

Catro activistas de Greenpeace foron detidos acusados de desobediencia á autoridade e outros cinco postos en liberdade despois de que a Guardia Civil retirase ao grupo que desde primeira hora da mañá protestaba no almacén de carbón “Medusa”, no porto da Coruña, que serve para abastecer a central térmica de Meirama. Os activistas pasarán previsiblemente hoxe ante o xuíz.

accion-greenpeace-no-almacen-carbon-do-porto-da-coruna-termina-catro-detidos
04/09/2017. Puerto de A Coruña, Galicia, Activistas de Greenpeace bloquean “La Medusa”

Os activistas chegaron ata a instalación de Gas Natural-Fenosa en embarcacións pneumáticos para levar a cabo unha xornada de protesta co bloqueo do almacén de carbón “Medusa”, coa intención de alertar ao Goberno sobre a necesidade de terminar coa queima de carbón e substituílo por enerxías limpas. Os activistas impediron a descarga do mineral nos trens e han despregando unha pancarta na cúpula do depósito coa mensaxe ‘Almacén de cambio climático’.

A organización ecoloxista comezou o pasado 1 de setembro unha campaña polo Cantábrico a bordo do barco Esperanza, baixo o lema “Misión de Salvar o Clima”, para alertar de que a queima de carbón é o principal responsable do cambio climático ademais de causar numerosas enfermidades respiratorias, algo que a cidadanía reiterou en numerosas ocasións. En transcurso da viaxe, Greenpeace presentou un informe titulado “Villanos del clima”, no que pon rostro aos principais responsables do cambio climático en España.

Greenpeace espera que esta acción sirva para que o Goberno tome cartas no asunto e desenvolver canto antes unha lei de cambio climático e transición enerxética que estableza un plan de peche para 2025 de todas as térmicas de carbón no que se detalle un plan de transición xusta para garantir un futuro real e sustentable para as persoas que viven nas concas mineiras e das centrais de produción eléctrica contaminante.

 

- Publicidade -spot_img