spot_img
InicioGaliciaA Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com

A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com

 

A Xunta e a Fundación Galicia Sustentable lanzan a web www.somospaisaxe.com para contribuír á implicación da sociedade na defensa da riqueza territorial de GaliciaA finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade

Para conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio xunto coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura en tres etapas: coñecer, comprender e actuar

Acompaña á presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo Pequepaisaxes, para que nos expliquen cuestións relacionadas coas paisaxes

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e a Fundación Galicia Sustentable veñen de poñer en marcha a web www.somospaisaxe.com co obxectivo de contribuír á implicación da sociedade na defensa da riqueza territorial de Galicia. Esta actuación enmárcase na colaboración da Xunta coa Fundación Galicia Sustentable, destinada a levar a cabo distintas actividades que potencien a difusión, divulgación e a participación social na paisaxe.

A finalidade deste portal é a de contribuír a que xurda unha conciencia social sobre a importancia dos retos que hai que afrontar desde a paisaxe como elemento estratéxico de competitividade, de forma que a poboación estea máis preparada para participar nos procesos administrativos e, tamén, para a toma de decisións con efectos directos sobre a xestión da paisaxe.

Para conseguir esta implicación, o Instituto de Estudos do Territorio (ITT), organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, xunto coa Fundación Galicia Sustentable, ten traballado nun proceso atractivo para achegar a Estratexia Galega da Paisaxe á poboación que se estrutura en tres etapas: coñecer, comprender e actuar.

O portal web nace con utilidades avanzadas que se irán activando a medida que avance o proceso de planeamento da Estratexia Galega da Paisaxe e que servirán como acompañamento didáctico dos pasos que está previsto se dean no seu deseño e aprobación.

Porén, resulta recomendable a subscrición por email a Somos Paisaxe, así como o acompañamento nas súas redes sociais para recibir cumprida información das múltiples actividades e eventos que terán lugar a partires do próximo mes de Xaneiro.

Unha comunicación atractiva
No marco máis amplo que supón o convenio entre a Fundación Galicia Sustentable e o Goberno galego, está a xeración de contidos sobre a paisaxe a nivel divulgativo para tratar de implicar á sociedade no respecto e a posta en valor da paisaxe e do territorio.

Nesta liña, acompaña á presentación do portal web unha primeira entrega da serie de vídeo Pequepaisaxes na que nos achegamos ás máis pequenas e aos máis pequenos para que nos expliquen cuestións relacionadas coas paisaxes.

Nas vindeiras semanas continuarán a se publicar novas series de vídeos que tratan de achegarnos a paisaxe dun xeito diferente e moi achegado á realidade cotiá.

Máis información en
http://www.somospaisaxe.com

- Publicidade -spot_img