spot_img
InicioGaliciaA Xunta de Galicia reforza o seu compromiso coas persoas con discapacidade...

A Xunta de Galicia reforza o seu compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e incrementa nun 10% a liña de colaboración coa entidade ASPAS

a-xunta-de-galicia-reforza-o-seu-compromiso-coas-persoas-con-discapacidade-intelectual-e-incrementa-nun-10-a-lina-de-colaboracion-coa-entidade-aspas

ASPAS, fundada en 1967, conta na actualidade con diferentes instalacións: un centro residencial con 35 prazas e no que atende a usuarios con grandes discapacidades maiores de 16 anos; un centro de día con 30 prazas; outro ocupacional composto por seis talleres para que as persoas con discapacidade intelectual maiores de 18 anos traballen distintas habilidades, capacidades e ferramentas co obxecto de facilitar a súa integración social e laboral; e un centro especial de emprego. Así mesmo, a entidade dispón de tres vivendas comunitarias e varios pisos tutelados.

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, entrevistouse hoxe con responsables da Asociación de País de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPAS), entidade que conta con centro residencial, ocupacional, de día e especial de emprego; ademais de vivendas comunitarias e pisos tutelados. Esta visita forma parte da rolda de encontros que o titular da carteira autonómica está a realizar por toda a Comunidade Autónoma, e nesta ocasión, tamén acudiu a directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Coro Piñeiro Vázquez.

O Goberno galego está a desenvolver nestes momentos o Plan de Acción da nova Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

Rey Varela tivo a oportunidade de coñecer en primeira persoa o “importante traballo que leva a cabo ASPAS, encamiñado a mellorar o grao de benestar, autonomía e integración social das persoas con discapacidade intelectual, así como a apoiar ás familias”. Un obxectivo ao que non é alleo o Goberno galego. Neste sentido, a Consellería de Política Social mantén un concerto de prazas coa entidade no que en 2016 inviste un total de 1.696.508 euros, o que supón un incremento de case o 10% con respecto ao exercicio pasado. Este aumento repercute de maneira directa no número de prazas financiadas con fondos públicos ofertadas por ASPAS, que medran por primeira vez nos últimos sete anos e ata chegar ás 131 prazas fronte as 119 que se viñan poñendo a disposición nos seus centros ata o de agora.

Plan de acción contra a discapacidade
O titular da carteira autonómica de Política Social insistiu en que “coordinarse e traballar conxuntamente coas outras administracións e as entidades é o bo camiño para poder avanzar na igualdade de dereitos e oportunidades das persoas con discapacidade”.

Neste sentido, esta nova etapa en políticas sociais signifícase por un traballo máis intenso coas entidades en temas como o desenvolvemento do Plan de Acción da Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, aprobada polo Consello da Xunta en novembro do ano pasado. Na actualidade está en proceso o desenvolvemento desta estratexia, que abrangue seis liñas estratéxicas: accesibilidade, autonomía persoal, educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

- Publicidade -spot_img