spot_img
InicioO SalnésA Xunta convoca 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé...

A Xunta convoca 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de Cambados

Xunta-convoca-15-novos-permisos-explotación-marisqueo-confraría-CambadosA Consellería do Medio Rural e do Mar convocou 15 novos permisos de explotación para marisqueo a pé na confraría de pescadores de Cambados (Pontevedra). Estas novas incorporacións son unha mostra máis da aposta da Xunta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto económico actual.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e marisqueira e presentar a documentación requirida pola Consellería do Medio Rural e do Mar. Poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 24 de febreiro. As solicitudes poderanse presentar ata esa data (día incluído) e deberán presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes serán estudadas e baremadas, segundo recolle a Resolución do 12 de novembro de 2013 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se aproba o baremo para obter o permiso de explotación para o marisqueo a pé. Este baremo é común a todas as confrarías e foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 21 de novembro de 2013.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

- Publicidade -spot_img