spot_img
InicioBaixo MiñoA Valedora do Pobo visita Tomiño

A Valedora do Pobo visita Tomiño

Milagros Otero Parga asistiu onte a unha reunión no Concello acompañada polo seu adxunto, Pablo Cameselle Martínez, na que a alcaldesa Sandra González pediulle a eliminación dos glifosatos e un mellor transporte ao Cunqueiro

Rematar coa práctica de botar glifosato (herbicida utilizado para o control das malas herbas nos parques e zonas verdes) nas cunetas do concello e conseguir un transporte público ao Hospital do Cunqueiro, foron as dúas reclamacións máis importantes que fixo a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, acompañada por parte do seu equipo, á valedora do pobo, Milagros Otero Parga, durante a xuntanza que mantiveron este mediodía na Casa do Concello.

A rexedora local aproveitou a ocasión tamén para reclamar axuda para a prevención de lumes,  e extinción de niños de vespa asiática; temas nos que o concello se atopa “desbordado”, por falta de medios e de persoal, e que ademais exceden a súa competencia.

Pola súa banda, Otero Parga ofreceuse a avanzar en temas de transparencia e interesouse polo funcionamento da Sanidade e dos Servizos Sociais do Concello. A visita da Valedora do Pobo tamén permitinos coñecer algo más do que esta oficina,“non somos un organismo político” e na que traballan 20 persoas “un equipo de traballo excepcional, todos eles son profesionais de moi alta valía”

O Valedor do Pobo ten que ser una persona que gañe as súas actuacións por autoridade é decir porque a xente entenda que o está facendo ben, porque a xente comprenda que o seu traballo é unha ponte, nós non temos poder sancionador como teñen os xuíces.

Catedrática de Filosofía e Dereito da Universidade de Santiago é a primeira muller en ocupar o cargo e tamén a primeira que non é xuiz. Milagros Otero leva tres anos ao frente da Oficina do Valedor do Pobo e cree que o seu nombramento a influido positivamente na institución que ahora dirixe. “Penso que é un cambio importante e para mellor, o Valedor do Pobo ten que ser una persona que gañe as súas actuacións por autoridade é decir porque a xente entenda que o está facendo ben, porque a xente comprenda que o seu traballo é unha ponte, nós non temos poder sancionador como teñen os xuíces. O xuíz dicta sentencia e esa sentencia ten que ser cumplida, as recomendaciones nosas non teñen que ser cumplidas, poden ser o poden no ser, de feito o que ten que decir a persoa -organismo ao que lle facemos a recomendación é si a cumple un non a cumple,  pero pode decir que non a cumple e nons non podemos obligarlle a que a cumpla. Penso que o perfil do xuiz está máis acostumados ao ordeno e mando a través de sentencias, nos no mandamos suxerimos, solicitamos, pedimos, razoamos e polo tanto penso que un perfil que no sexa de xuiz é máis adecuado para prestar servicio como Valedor do Pobo, sin embargo nós temos un índice de atención das nosas suxestións ou requirimentos respuestas dun 76% este ano, eu penso que hai moi pocos xuíces que podan ter ese índice de efectividade da súas sentencias, claro pero é un procedemento diferente.”

A Oficina do Valedor do Pobo non soamente tramita as queixas que lle fan, o ano pasado tramitou 224 queixas de oficio, 205 foron a servicios sociais

A nosa obligación é estar atentos ao que pasa na sociedade, estar con eles e por eso nos temos que atender o que a sociedade precisa, incluso antes de que a misma sociedade detecte que ten esa necesidade, temos que estar o coidado da sociedade temos que ver aquelas cousas aqueles feitos que poden ser do no noso punto de vista, totalmente contrarios os dereitos dos galegos e das galegas e que aínda que eles non o teñan todavía, digámolo así, denunciado, nos abrimos una investigación de oficio e poñémonos inmediatamente investigar.”

“Nós non somos una oficina burocrática, somos una institución que está para defender os dereitos das persoas”

Os comedores escolares estiveron nas investigaciones de oficio que abriron o ano pasado,” nos non tiñamos nese momento ninguna queixa relativa os comedores escolares pero parecíanos un problema moi grave situación“. No apartado servicios sociales nos concellos rurais, “non tiñamos unha queixa específica de eso pero sin embargo no ano pasado escribimos a 200 concellos de menos de 5.000 habitantes para preguntarlles directamente que problemas tiñan no ámbito social porque entendemos que o mellor eles non sabían como ponerse en contacto con nós ou no sabian a nosa función”

Visita Valedora do Pobo - TomiñoOtero Parga agradeceu a boa acollida do Concello de Tomiño realmente sentímonos así como en casa” e afirmou que a súa visita tiña coma fin “porlle cara á institución e traballar para a xente non para facer política”. “Non somos unha oficina burocrática, somos una institución que está para defender os dereitos das persoas”salientou.

Pola tarde, a valedora atendeu ás reclamacións e queixas que a veciñanza quixo realizar. Cidadáns en xeral e representantes de asociacións, coma Vontade, para persoas con discapacidade, aproveitaron para achegarse até o Salón de Plenos e facerlle algunha consulta.

Os veciños entregaron á valedora do pobo, Milagros Otero, un total de 20 queixas que inician hoxe mesmo a súa tramitación.

As persoas citadas na Casa do Concello achegáronlle un total de 20 queixas nunha sesión aberta celebrada no
Salón de Plenos á que asistiron medio cento de tomiñeses. Un grupo de usuarios do Centro Vontade que asiste a persoas con discapacidade física centrou gran parte das intervencións. Entre as súas queixas destacaron as relativas a problemas de accesibilidade con beirarrúas, caminos estreitos para o acceso de vehículos adaptados ou dificultades para o uso dos servizos de transporte e desfrute do ocio.

Parte dos asistentes tamén amosaron as súas inquedanzas por problemas relacionados coa limpeza de fincas colindantes, carencia de servizo continuado de urxencias e farmacia de guardia no municipio e as dificultades para se trasladar en transporte interurbano ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, entre outros.

A recente folga de xustiza tamén tivo incidencia no funcionamento dos xulgados de Tui e unha asistente denunciou por
exemplo a demora na transferencia de cartos por un embargo de pensión alimenticia dun menor.

Dende a oficina da Valedora informan que un total de 20 queixas serán tramitadas tras a xornada de visita de onte. Hoxe mesmo avaledoría inicia a súa tramitación para dar unha resposta o antes posible ás persoas que se quixeron achegar á institución do valedor do pobo e expor en persoa os seus problemas á súa titular, Milagros Otero Parga..

- Publicidade -spot_img