spot_img
InicioVal MiñorBaionaA V edición do Concurso gastronómico 'Bai de Tapas' renóvase e presenta...

A V edición do Concurso gastronómico ‘Bai de Tapas’ renóvase e presenta grandes novidades

a-v-edicion-do-concurso-gastronomico-bai-de-tapas-renovase-e-presenta-grandes-novidades

A V Edición do Concurso ‘Baidetapas’ comeza hoxe e finalizará o próximo 22 de maio. O concurso de tapas está organizado polo Concello e conta coa colaboración de ACEBA e os patrocinadores, do mesmo xeito que o ano pasado, son as Adegas Altos de Torona, Adegas Regina Viarum, Adegas Escudeiro e Disgobe selección de viños. 

A Concelleira de Turismo, Beatriz González Pérez, presentou esta a V edición do concurso ‘Bai de tapas’ no restaurante ‘A Crep’ de Baiona, creadores da tapa gañadora na edición anterior.

González estivo arroupada polo alcalde, Ángel Rodal, e pola primeira tenente de alcalde, María Iglesias Fernández, o presidente de ACEBA, Marcos Comesaña e os responsables das adegas. Durante 25 días, do 28 de abril ao 22 de maio, baioneses e visitantes poderán degustar 58 deliciosos aperitivos diferentes elaborados polos 28 locais participantes.

Esta nova edición engade grandes novidades ao concurso co fin en darlle un novo aire e seguir innovando:

comillasO Concello de Baiona está envorcado na promoción de La Vuelta Ciclista que arribará o 21 de agosto. Por este motivo desde a Concellería de Baiona quixeron que o primeiro premio do concurso sexa unha bicicleta para potenciando deste xeito tamén o ciclismo na vila.

comillasOutra gran novidade que se presentou esta mañá é o achegamento do concurso aos máis pequenos mediante o taller de cociña nutricional nutrichef, que foi todo un éxito e vai xa pola súa terceira convocatoria.

comillasOutra primicia é a participación no concurso dun xurado misterioso anónimo. Tamén se poñerá en marcha unha proba piloto cunha aplicación móbil específica de rutas de tapas: a app Quedamos de Tapas.

“Con esta iniciativa principalmente buscamos poñer en valor a gastronomía local, atraer o turismo de proximidade, así como ofrecer unha actividade complementaria aos nosos turistas e veciños que nos constan que consideran ao ‘Bai de tapas’ un gran evento”, matizou González. “Ademais, iniciativas como as que hoxe presentamos son moi importantes para desestacionalizar o consumo na nosa vila. Animo a todos os veciños e visitantes a participar a en o concurso e a degustar as saborosas tapas. Espero que esta nova edición teña unha gran acollida entre os consumidores e repetir o éxito da edición anterior, ou mesmo, superalo”, finalizou.

Ademais, a Concelleira de Turismo adiantou que para axudar á súa difusión, as adegas patrocinadoras do concurso, ten programado un despregamento publicitario que consistirá na inserción de cuñas radiofónicas e valos publicitarios tanto en Baiona como en localidades veciñas. Á súa vez desde o consistorio baionés tamén levarán a cabo acciones de maneira que cheguen ao máximo número de persoas posibles como a inclusión en redes sociais, cartelería, publicidade en medios de comunicación, entrevistas en radio e tv…

As adegas, ademais da súa participación na campaña publicitaria, achegasen un premio, consistente nunha noite de hotel para dúas persoas en Talaso Augas Santas (Panton-Monforte ) incluíndo cea, almorzo, percorrido mariño e visita guiada ás Adegas Regina Viarum con degustación de viños, que se sorteará entre os consumidores que completen a ruta, unha vez finalice o concurso.

Tamén achegarán un premio para os tres locais creadores das tres tapas máis votadas polo público que consistirá nun percorrido mariño e comida no Talaso Atlántico de Oia ademais dun lote de viños.

A concelleira quixo agradecer a súa colaboración a ACEBA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona). Marcos Comesaña presidente da asociación comentou que ‘Bai de tapas’ é un evento que a xente demanda e que preguntan nos locais cando vai comezar.

O concurso consiste en realizar unha ruta polos locais baioneses participantes co fin de degustar as tapas a un prezo de 2 € ou 3’50 €, se se combina cun dos viños que patrocinan o concurso.

Os bares participantes ofertarán durante estes días tapas de creación propia e nelas haberá ofertas tradicionais e outras innovadoras. Os consumidores deberán considerar cuestións como a presentación, sabor…Para participar no sorteo, cada persoa debe solicitar un pasaporte nos locais participantes, na oficina de turismo ou na oficina de ACEBA e selalo ao pedir o petisco. Unha vez conseguíronse un mínimo de 8 selos en locais diferentes poderán depositar o pasaporte nas caixas de correos habilitadas e, ao finalizar a ruta, entrarán no sorteo de numerosos premios, entre os que destaca o 1º premio: unha bicicleta e complementos e o premio das adegas HGA. Ademais doutros 28 premios achegados polos establecementos participantes como: comidas, ceas, lotes de viño e cervexa,..

O premio á MELLOR TAPA levarallo aquela que reciba o maior número de votos entre os consumidores que completen o pasaporte.

Os locais participantes son os seguintes: A Trastenda, Acuarela, Atallo Cervecería, Bar Élysées; Bar Kchote, Bay One, Bibendum, Bocatería Baioca, Café Cerchas, Cafetería Anunciada, Cafetería Monterrey, Cervecería Rústico, Estación Marítima, Xeados Gamela, A Boquería, A Crep, A Micro, A Paleta do Pintor, Liceo Marítimo de Baiona, Mesón Casa Soto, Mesón Jamonería Fidalgo, Novos Aires, Recuncho Mariñeiro, Restaurante Balneario, Restaurante O Túnel, San Xoán Adega, Taberna A de Sabas e Taberna Mendoza.

- Publicidade -spot_img