spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Rede Galega de Sementes celebra o seu terceiro encontró en Gondomar

A Rede Galega de Sementes celebra o seu terceiro encontró en Gondomar

A Rede Galega de Sementes celebra o seu terceiro encontró en Gondomar

O próximo sábado 14 de Maio as 10:00 da mañá comezará o Terceiro Encontro da Rede Galega de Sementes en Gondomar. (Diante do Concello)

A feira das sementes é un espazo onde ten cabida a sociedade rural, popular e tradicional. Durante toda a xornada haberá unha mesa para trocar sementes e un pequeno mercado de alimentos e plantóns ecolóxicos e de agricultura familiar tradicional.

Tamén haberá unha mesa redonda adicada a recuperar a confección da nosa roupa, onde participaran costureiras maiores do Val Miñor, así como un proxecto de roupa socialmente ética. Ademais das sementes animase a que se traía roupa de segunda man que xa non se use para trocar, deixar ou levar.

Como peche deste encontro, as 19:30 actuarán grupos de música tradicional.

*A misión da Rede é, dende unha visión holística, crear e dar vida a un espazo onde  os labregos e labregas e os seus saberes poidan ser valorados. O mesmo tempo pretendese crear un espazo de reflexión e información para iniciar un retorno as comunidades rurais, núcleo de vida.

 

- Publicidade -spot_img