spot_img
InicioGaliciaA Real Academia Galega celebra o Día das Letras Galegas de María...

A Real Academia Galega celebra o Día das Letras Galegas de María Victoria Moreno cunha sesión pública no Teatro Principal de Pontevedra

a-real-academia-galega-celebra-o-dia-das-letras-galegas-de-maria-victoria-moreno-cunha-sesion-publica-no-teatro-principal-de-pontevedraA Real Academia Galega celebrará o 17 de maio cunha sesión plenaria extraordinaria e pública que terá lugar a partir das 12:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra, onde a figura homenaxeada neste 2018 pola institución, María Victoria Moreno, se estableceu en 1963 ao chegar a Galicia.

A escritora, profesora, editora e activista da lingua e a cultura de noso viviu o resto da súa vida nesta cidade, epicentro dos actos centrais organizados co gallo do Día das Letras Galegas do que é protagonista. A Academia celebrará o seu pleno extraordinario no Teatro Principal cedéndolles a palabra a tres membros de número moi vinculados a ela por distintas razóns: Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey e Xesús Alonso Montero ofrecerán tres olladas persoais á vida e á obra da autora neste acto, aberto ao público ata completar capacidade. A sesión concluirá coa intervención do presidente da RAG, Víctor F. Freixanes.

real-academia-galega-dedicaralle-dia-das-letras-galegas-2018-maria-victoria-morenoMaría Victoria Moreno naceu circunstancialmente en Estremadura en 1939, medrou en terras de Castela, estudou sendo adolescente en Barcelona, fíxose filóloga en Madrid e escolleu ser galega e empregar a súa lingua en todos os contextos pouco tempo despois de establecerse na nosa terra, a onde chegou para exercer a docencia. Entre 1965 e 1967, deu clases no Instituto Masculino de Lugo, unha etapa decisiva no espertar do seu activismo a prol da lingua galega en plena ditadura. Neste centro coñeceu o profesor Xesús Alonso Montero, de quen herdou, segundo ela mesma dixo, a súa actitude ante a lingua galega e a ética e o compromiso cos seus falantes. Entre os dous axiña medrou unha fonda amizade, que queda patente no primeiro libro que publicou a escritora, Mar adiante (1973). O académico prologouno e parte do alumnado do barco escola Arroás que protagoniza esta historia levou o nome dos fillos deste, un xesto de cariño que repetiría en moitos títulos coa rapazada e a xente adulta que quería.

Pontevedra foi xa o lugar elixido pola RAG o pasado mes de febreiro para abrir o Ano María Victoria Moreno coa presentación do proxecto web Primavera das Letras, que fornece de recursos lúdicos e didácticos arredor do universo vital e literario da autora para o público infantil

Mar adiante foi un título pioneiro na literatura infantil galega co que María Victoria, como recorda o académico correspondente Xoán Babarro na Tribuna de academia.gal. Con el asinou para sempre o compromiso coa lingua galega e co público máis novo: o idioma na creación literaria, e na vida, sería en diante sempre o galego e a gran maioría das obras que escribiría dedicaríaas á xente miúda e adolescente, se ben tamén escribiu poesía e relatos para o público adulto, ensaio e crítica literaria. Este conto de contos foi ademais un canto á renovación pedagóxica dunha profesora vocacional capaz de espertar vocacións literarias e conciencia lingüística nas aulas, porque aínda que era docente de Lingua e literatura castelá xa lles facía oco naqueles anos 70, nas clases dos venres, aos grandes nomes das letras galegas e á práctica da escrita en galego.

A literatura infantil e xuvenil (LIX) é tamén o terreo no que adoitan expresarse literariamente as académicas Marilar Aleixandre e Fina Casalderrey, que serán as encargadas de abriren o acto da Academia do 17 de maio. Fina Casalderrey, que comparte con María Victoria Moreno a condición de pontevedresa, foi ademais alumna dela nos cursos de literatura galegas que impartiu como mestra de mestres nos primeiros anos 80. Ambas as académicas son, como a homenaxeada, persoas moi vinculadas á xente nova desde o ámbito laboral: Marilar Aleixandre é catedrática ad honorem de Didáctica das Ciencias na Universidade de Santiago de Compostela e Fina Casalderrey foi mestra. As dúas asinan tamén a biografía de María Victoria Moreno que pode lerse no espazo da web da Academia dedicado á autora, https://academia.gal/letras-actual, que inclúe igualmente unha sección de novas con reportaxes e entrevistas sobre a súa vida e obra.

Da Primavera das Letras ao Simposio María Victoria Moreno

A RAG xa escolleu o pasado mes de febreiro Pontevedra para abrir a súa programación do Ano María Victoria Moreno. Da man da comunidade educativa do CEP Marcos da Portela, a institución presentou a nova edición do proxecto web Primavera das Letras (primaveradasletras.gal), que fornece de recursos lúdicos e didácticos arredor do universo vital e literario da protagonista deste 17 de maio destinados os cativos e cativas de infantil e primaria. Neste espazo xa están dispoñibles 14 actividades interactivas e seis fichas descargables que permiten profundar, da man de María Victoria Moreno, en competencias e contidos transversais do currículo escolar.

a-rag-celebra-o-dia-das-letras-galegas-dedicado-a-maria-victoria-moreno-cunha-sesion-publica-extraordinaria-no-teatro-principal-de-pontevedraO Portal das Palabras (portaldaspalabras.gal), o espazo para a divulgación do léxico da nosa lingua que a RAG ofrece coa colaboración da Fundación Barrié, tamén lle dedicará contidos a María Victoria Moreno ao longo deste ano, como como as Sete palabras de María Victoria Moreno que percorren a súa traxectoria ou outro dedicado á “amorosa autofonía” que mantiña, nas súas palabras, co idioma galego.

Xa no mes de novembro, os días 27 e 28, a Real Academia Galega celebrará na súa sede da Coruña o Simposio María Victoria Moreno, dúas xornadas nas que se afondará, a través das disertacións de diversos especialistas, na personalidade e no legado da autora homenaxeada no Día das Letras Galegas. O simposio, aínda que destinado principalmente ao profesorado de lingua galega e literatura dos distintos ciclos e niveis, está aberto ao público en xeral.

- Publicidade -spot_img