spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA ponte da Ramallosa péchase para a restauración do Cruceiro de San...

A ponte da Ramallosa péchase para a restauración do Cruceiro de San Telmo

Concello-Baiona-renova-pegada-Camiño-Portugués-Costa

A contratación ten un custe de 3.500 euros que asumirán os concellos de Baiona e Nigrán e inclúe tanto a limpeza do pavimento da ponte románica como das pintadas.

O Concello de Baiona, emitiu este xoves un bando informando de que a ponte da Ramallosa estará pechada dende o próximo luns, 13 de marzo, ata a finalización das obras de restauración do Cruceiro de San Telmo.

Imaxe anterior do Cruceiro de San Telmo
Imaxe anterior do Cruceiro de San Telmo

“Seguindo o plan de conservación do noso patrimonio cultural, e vista a necesidade de proceder ás obras de  restauración do Cruceiro de San Telmo e do pavimento da Ponte da Ramallosa, é necesario cortar o acceso peonil”, explica o alcalde, Ángel Rodal, no mencionado bando.

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia deu o pasado mes de febreiro luz verde ao proxecto para a restauración do cruceiro, polo que técnicos da empresa BIC Materiales y Conservación S.L. recolleron os brazos do cruceiro depositados nos concellos de Baiona e Nigrán, así como o brazo que permanecía na súa situación orixinal para reconstruír a peza e colocala de novo no seu lugar.

A contratación ten un custe de 3.500 euros que asumirán os concellos de Baiona e Nigrán e inclúe tanto a limpeza do pavimento da ponte románica como das pintadas. Segundo as primeiras estimacións, a empresa calcula que todos os traballos estean finalizados nun prazo dunha semana.

“Estas obras se realizan coa fin de seguir a liña de recuperación dos nosos espazos de interese cultural e histórico, e así mellorar a calidade de servizos e infraestruturas aos nosos veciños e visitantes”, engade Ángel Rodal.

- Publicidade -spot_img