spot_img
InicioVal MiñorBaionaA paratriatleta viguesa Susana Rodríguez será a madriña do I Vertiatlón...

A paratriatleta viguesa Susana Rodríguez será a madriña do I Vertiatlón Solidario de Baiona

paratriatleta-viguesa-Susana-Rodríguez-será-madriña-Vertiatlón-Solidario-Baiona

A campioa galega e española de dúatlon paralímpico amadrinará e participará un evento no que xa se inscribiron 160 deportistas de toda Galicia

A paratriatleta viguesa Susana Rodríguez será a encargada de amadrinar o I Vertiatlón Solidario, no que tamén participará eñ próximo 12 de setembro en Baiona.

Cunha deficiencia visual grave derivada da súa condición de albina, Susana Rodríguez recibiu en 2014 o título de Mellor Deportista Galega con Discapacidade

A campioa galega e española de dúatlon paralímpico, que o ano pasado recibiu o título de Mellor Deportista Galega con paratriatleta-viguesa-Susana-Rodríguez-será-madriña-Vertiatlón-Solidario-Baionadiscapacidade, acompañará ese día aos 160 deportistas que xa se inscribiron para participar na competición, e aos que se inscriban antes do día 8 de setembro, cando acaba o prazo.

Todo o que se recade coas inscricións do Vertiatlón Solidario irá parar á Escola de Vela Adaptada para persoas con discapacidade do Monte Real

O I Vertiatlón Solidario de Baiona, organizado polo Monte Real Club de Yates e o concello de Baiona, co patrocinio de Verti Seguros e a colaboración da Federación Galega de Tríatlon, é unha proba de tríatlon sprint que incluirá tres percorridos, de natación, ciclismo e carreira a pé.

Os participantes deberán completar 750 metros a nado, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros correndo. Os primeiros clasificados absolutos masculino e feminino recibirán, como premio, un seguro anual para automóbil por cortesía de Verti Seguros; e entre todos os participantes sortearanse, ademais, outro oito seguros.

A cota de inscrición é de 25 euros, e todo o diñeiro que se recade irá destinado integramente á Escola de Vela Adaptada do Monte Real Club de Yates, que desde hai anos presta servizo a diversas asociacións de persoas discapacitadas de Galicia.

- Publicidade -spot_img