spot_img
InicioVal MiñorBaionaA nova Oficina de Turismo de Baiona estará totalmente operativa na Festa...

A nova Oficina de Turismo de Baiona estará totalmente operativa na Festa da Arribada

a-nova-oficina-de-turismo-de-baiona-estara-totalmente-operativa-na-festa-da-arribada

Ángel Rodal e Nava Castro inaugurarán as instalacións, que recibiron un investimento de 136.000 euros, o 17 de febreiro

O Concello Baiona estreará a nova súa Oficina de Turismo o próximo 17 de febreiro co obxectivo de estar totalmente operativa na XXII Festa da Arribada que se celebrará entre o 3 e o 5 de marzo.

Así o informou este xoves o alcalde de Baiona, Ángel Rodal, a preguntas da oposición no pleno municipal dos mes de febreiro. “A nova oficina estará a pleno rendemento na Festa da Arribada despois de que celebremos o 17 de febreiro a inauguración coa presencia da directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro”, explicou o rexedor.

A instalación, que conta cunha superficie de 101 metros cadrados,  construíse cun investimento de 132.00 euros, aportados pola Axencia de Turismo de Galicia, e 4.000 para mobiliario, asumidos por parte do Concello de Baiona.

A Oficina de Turismo de Baiona, unha das poucas de Galicia que permanece aberta durante todo o ano, está situada na Avenida Arquitecto Jesús Valverde, fronte ao Pozo da Aguada, ven a substituír a anterior oficina de apenas 25 metros e colocada preto da entrada do Parador Conde de Gondomar.

O recoñecemento oficial como ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa, no que Baiona é epicentro, incrementou considerablemente nos últimos meses a afluencia de peregrinos á oficina turística, que tamén constata un aumento dos visitantes de nacionalidade estranxeira.

- Publicidade -spot_img