spot_img
InicioBaixo MiñoA mellora da interrelación da beira do río en Tui, obxecto dun...

A mellora da interrelación da beira do río en Tui, obxecto dun concurso internacional de ideas

a-mellora-da-interrelacion-da-beira-do-rio-en-tui-obxecto-dun-concurso-internacional-de-ideasO alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, presentou xunto ao presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo e ao vogal da Xunta de Goberno do COAG, Simón Pereiro, a proposta preliminar de convocatoria dun concurso internacional de ideas de reordenación do fronte fluvial. Tamén estivo presente o concelleiro Antonio Castro,

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, indicou que plantexan esta convocatoria tendo en conta que o río é un dos grandes activos que ten Tui, entendendo que “hai un gran potencial na mellora da interrelación dese espazo coa cidade e xerar máis valía urbana e en calidade de vida para os tudense, e converter o río en fonte de riqueza e benestar”.

Carlos Vázquez Padín apunta que se trata de “aproveitar moito mellor o potencial que nos da o río Miño” polo que esta convocatoria suporá unha gran oportunidade para Tui xa que posibilitará que arquitectos e enxeñeiros acheguen as súas propostas para este espazo entre a vella ponte internacional e a alameda de San Domingos.

Pola súa parte Antonio Davila, presidente da delegación do COAG, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, en Vigo, agradeceu ao concello que contactara con eles para establecer esta colaboración. Explicou que se tratará dun concurso de ideas anónimo, dirixido tanto a enxeñeiros coma arquitectos, sinalando que a convocatoria do concurso é unha boa idea para someter a intervención a criterio de técnico especializados.

O concurso contemplaría tres premios de 15 mil euros para o proxecto gañador, que realizaría amais o proxecto, 10 mil para o segundo clasificado e 5 mil para o terceiro. No xurado estarían presentes as distintas administración con competencia no espazo de actuación coma Costas, a Confederación Hidrográfica Miño Sil, e as consellerías de Cultura e Medio Ambiente.

O financiamento da convocatoria deste concurso de ideas, cun importe de 36 mil euros, será levado ao pleno ordinario este venres con cargo ao remanente de tesourería.  O alcalde de Tui considera que se trata dun proxecto estratéxico e beneficioso para a cidade.

- Publicidade -spot_img