Máis de 400 nenos participaron hoxe , en Redondela, na actividade “LECTURA NA RÚA” para fomentar a lectura e conmemorar as Letras Galegas
Catrocentos trinta e un alumnos do CEP Santa Mariña e o EEI A Marisma de Redondela, de entre 5 e 12 anos, reuníronse hoxe no Paseo da Xunqueira para ler e compartir lecturas e convidar de paso a todos os que circulaban polas inmediacións a que se unisen a eles nesta actividade. Con este fin dispuxéronse uns expositores con lecturas variadas, entre as que non faltaron as obras de Carlos Casares a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas, para que todos os que o desexasen poidesen dedicar uns instantes a gozar da lectura dentro desta especial iniciativa.
Así mesmo, os participantes recibiron a visita da Coca Simona que participou, como unha máis, nas lecturas e repartiu marcapáxinas conmemorativos do centenario de Gloria Fuertes cedidos pola editorial Susaeta.
Ademais, os nenos e nenas intercambiaron marcapáxinas, que foron elaborados por eles mesmos, e recibiron unha chapa conmemorativa do evento.
A continuación das actividades no exterior, o alumnado dirixiuse ao auditorio do Multiúsos para asistir a diversas actuacións entre as que destacou a de Paco Barreiro e así mesmo outras dos propios nenos de infantil e primaria de ámbolos dous colexios
“Lectura na Rúa” foi unha inicativa da biblioteca do CEP Santa Mariña que contou coa colaboración do EEI A Marisma e as Bibliotecas Municipais de Redondela e nace con intención de continuidade