A Guarda súmase ao proxecto «Libera» coa recollida colaborativa de lixo na praia do Muíño

as-praias-de-area-grande-e-o-muino-da-guarda-luciran-un-ano-mais-o-distintivo-internacional-de-bandeira-azulO proxecto «Libera, naturaleza sin basura» convoca o vindeiro sábado, 16 de xuño, a segunda edición de «1m2 por la naturaleza», a gran recollida colaborativa nacional para liberar de lixo a natureza. Nesta ocasión, o Concello da Guarda únese como entidade organizadora, establecendo como punto de recollida a praia do Muíño.

O obxectivo da iniciativa é concienciar e mobilizar á cidadanía para manter os espazos naturais liberados de lixo. Para isto, «Libera» propón a acción de voluntarias e voluntarios de todo o país en distintos puntos da súa xeografía, promovendo a concienciación medioambiental e a recollida de lixo conxunta.

Nesta liña, a Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda organiza  a batida de limpeza que se realizará no areal guardés a partir das 10:00 horas do sábado. As persoas interesadas en participar nesta recollida ou noutro punto da provincia ou da comunidade autónoma, poderán consultar os puntos de recollida organizados por diferentes colectivos, organizacións e administracións públicas na páxina web www.proyectolibera.org e inscribirse.

As e os participantes deberán presentarse no acceso á praia do Muíño á hora arriba indicada, onde se lles entregará un paquete co material necesario para a recollida do lixo (luvas e bolsas de lixo de diferentes cores para a reciclaxe dos residuos).

Sobre «Libera»

«Libera» é un proxecto creado pola ONG medioambiental SEO/BirdLife en colaboración con Ecoembes, a organización medioambiental sen ánimo de lucro que promove a economía circular a través da reciclaxe dos envases. A acción «1m2 por la naturaleza» é a iniciativa bandeira do proxecto. Na súa primeira edición, logrou recoller 30 toneladas de lixo en 48 provincias españolas.

*Vídeo informativo:

https://www.youtube.com/watch?v=FitdbyTjSxU&feature=youtu.be

*Páxina web onde poden inscribirse as persoas interadas en participar:

https://proyectolibera.org/proximos-eventos/proximas-recogidas/Pontevedra

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies