spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA Guarda clausura o curso de funky de “Depo RúARTE” cun acto...

A Guarda clausura o curso de funky de “Depo RúARTE” cun acto de entrega de diplomas

a-guarda-clausura-o-curso-de-funky-de-depo-ruarte-cun-acto-de-entrega-de-diplomas

A comezos deste mes de setembro, en concreto o venres día 2, daba comezo o curso de funky que acolleu A Guarda durante dúas semanas e que chega á súa fin hoxe, 14 de setembro. Esta iniciativa organizouse como parte do programa Depo RúARTE da Deputación de Pontevedra e contou coa colaboración do concello da Guarda.

O curso finalizou cun acto de clausura que tivo lugar no Ximnasio Municipal ás 11,30 horas e ó que asistiron ó que asistiron a Deputada Provincial Montse Magallanes e a concelleira de Xuventude do Concello da Guarda, Elena Baz. Alí, ademais de entregar os diplomas acreditativos de ter participado no curso ás asistentes, puideron intercambiar impresións. En xeral todas as participantes coincidiron no positivo da iniciativa e na necesidade de repetir experiencias como estas. Ademais, unha delas foi seleccionada como representante no Certame de Exhibición que terá lugar o 7 de outubro e na que amosará todo o aprendido durante estes días e competirá con participantes doutros cursos e doutros concellos.

Os obxectivos principais deste curso dirixido a rapaces e rapazas de 14 a 30 anos empadroados no Concello da Guarda foron que os participantes puideran adquirir coñecementos, habilidades e destrezas básicas sobre funky, coñecer o procedemento do funky e os estilos que o compoñen, adquirir coñecementos básicos sobre composición e enfocar o funky como arte urbana e como actividade física deportiva saudable. Pero, por riba de todo, que o pasaran moi ben descubrindo unha forma alternativa de ocio e aproveitando estes últimos días de verán. Uns obxectivos que, sen dúbida, e tal e como expresaron as participantes, se acadaron con creces.

Conclúe así de maneira satisfactoria o segundo dos cursos que se levaron a cabo na Guarda dentro do programa Depo RúARTE, tras o curso de graffiti que tivo lugar entre finais de xullo e comezos de agosto. Agora só queda que representen ó concello o día 7 de outubro no citado certame de exhibición que haberá para amosar todas as actividades feitas como parte do programa da Deputación de Pontevedra nos diferentes concellos da provincia.

 

- Publicidade -spot_img