spot_img
InicioGaliciaA Festa do Pulpo en cinco idiomas

A Festa do Pulpo en cinco idiomas

A edición do 2016 adícase ás vilas e cidades da eurorrexión, con tres referentes:Vila Nova de Gaia, Viana do Castelo e Pontevedra A Festa do Pulpo do Carballiño contará por primeira vez cun tríptico promocional escrito en cinco idiomas: Inglés, francés, portugués, castelán e galego. “É un xeito de ir cara á consecución da declaración de Festa de Interese Turístico Internacional”, según dixo o alcalde, Francisco Fumega, no acto de presentación do cartaz anunciador da 54 edición desta festa. Fumega, que estivo acompañado neste acto que se desenvolveu no salón de sesións do concello do Carballiño, por representantes das institucións, entidades e empresas patrocinadoras da festa, así como polo autor do cartaz, o deseñador e artista de colage Xesús Carballido, anunciou que a Festa do Pulpo deste ano adícase ás vilas e cidades da Eurorrexión, con dous referentes principais: a cidade portuguesa de Vilanova de Gaia, que conforma a Área Metropolitana de Oporto, con máis de 300.000 habitantes, e Pontevedra, como capital das Rías Baixas. A presentación en Gaia será o día 1 de xullo, e a de Pontevedra o dia 15 de xullo. Ademáis, dixo que se ían desenvolver actos promocionáis noutras dúas cidades históricas portuguesas, como son Braga e Viana do Castelo. A Festa do Pulpo deste ano irá precedida dun intenso e longo programa cultural, deportivo e lúdico, con máis de cincuenta actividades diferentes que se desenvolverán ata o domingo 14 de agosto, data da celebración da romaría no parque municipal do Carballiño. O alcalde anunciou que nos próximos días presentarase a totalidade deste programa que terá, xunto co propio día da festa, un presuposto global de arredor de 120.000 euros. “Unha cantidade moi baixa para a cantidade e calidade do programa de actos previsto ata o 14 de agosto”, segundo dixo Francisco Fumega. O cartaz anunciador desta edición da festa reproduce ducias de rabos de pulpo, que é como unha alegoría ou “un efecto multiplicador deste símbolo da gastronomía do Carballiño, como é o pulpo á feira”, asegurou o alcalde. Os rabiños van enmarcados en cadros que representan un mapa figurativo das vilas e cidades de Galicia e do norte de Portugal, e hai media ducia nos que están grabados os topóinimos das cidades nas que se vai promocionar directamente a festa. Fumega dixo que “a Festa do Pulpo é unha das grandes manifestacións gastronómicas e festivas de Galicia e de España, e, despois de 54 anos, é xa un reclamo turístico de gran alcance non só para O Carballiño senón para a comarca, para a provincia e para Galicia”. Por iso, abogou “por seguir potenciando a festa para atraer a máis visitantes e non só no mes de agosto”.A edición do 2016 adícase ás vilas e cidades da eurorrexión, con tres referentes:Vila Nova de Gaia, Viana do Castelo e Pontevedra

A Festa do Pulpo do Carballiño contará por primeira vez cun tríptico promocional escrito en cinco idiomas: Inglés, francés, portugués, castelán e galego. “É un xeito de ir cara á consecución da declaración de Festa de Interese Turístico Internacional”, según dixo o alcalde, Francisco Fumega, no acto de presentación do cartaz anunciador da 54 edición desta festa.

Fumega, que estivo acompañado neste acto que se desenvolveu no salón de sesións do concello do Carballiño, por representantes das institucións, entidades e empresas patrocinadoras da festa, así como polo autor do cartaz, o deseñador e artista de colage Xesús Carballido, anunciou que a Festa do Pulpo deste ano adícase ás vilas e cidades da Eurorrexión, con dous referentes principais: a cidade portuguesa de Vilanova de Gaia, que conforma a Área Metropolitana de Oporto, con máis de 300.000 habitantes, e Pontevedra, como capital das Rías Baixas. A presentación en Gaia será o día 1 de xullo, e a de Pontevedra o dia 15 de xullo.

Ademáis, dixo que se ían desenvolver actos promocionáis noutras dúas cidades históricas portuguesas, como son Braga e Viana do Castelo.

A Festa do Pulpo deste ano irá precedida dun intenso e longo programa cultural, deportivo e lúdico, con máis de cincuenta actividades diferentes que se desenvolverán ata o domingo 14 de agosto, data da celebración da romaría no parque municipal do Carballiño.

O alcalde anunciou que nos próximos días presentarase a totalidade deste programa que terá, xunto co propio día da festa, un presuposto global de arredor de 120.000 euros. “Unha cantidade moi baixa para a cantidade e calidade do programa de actos previsto ata o 14 de agosto”, segundo dixo Francisco Fumega.

O cartaz anunciador desta edición da festa reproduce ducias de rabos de pulpo, que é como unha alegoría ou “un efecto multiplicador deste símbolo da gastronomía do Carballiño, como é o pulpo á feira”, asegurou o alcalde. Os rabiños van enmarcados en cadros que representan un mapa figurativo das vilas e cidades de Galicia e do norte de Portugal, e hai media ducia nos que están grabados os topóinimos das cidades nas que se vai promocionar directamente a festa.

Fumega dixo que “a Festa do Pulpo é unha das grandes manifestacións gastronómicas e festivas de Galicia e de España, e, despois de 54 anos, é xa un reclamo turístico de gran alcance non só para O Carballiño senón para a comarca, para a provincia e para Galicia”. Por iso, abogou “por seguir potenciando a festa para atraer a máis visitantes e non só no mes de agosto”.

- Publicidade -spot_img