spot_img
InicioVal MiñorBaionaA Festa dá Arribada máis grande da historia de Baiona arrinca o...

A Festa dá Arribada máis grande da historia de Baiona arrinca o día 4 cun programa cargado de novidades

a-festa-da-arribada-mais-grande-da-historia-de-baiona-arrinca-o-dia-4-cun-programa-cargado-de-novidades

Esta edición durará tres días e ante as expectativas de superar os 200.000 visitantes o Concello habilitou aparcadoiros con lanzadeiras ata o centro da vila e viaxes en barco para facilitar todo o posible os accesos.

O Salón de Plenos do Concello de Baiona acolleu unha das presentacións da Festa da Arribada mais multitudinarias que se lembran, con gran presenza de público, ataviado de época, e de medios de comunicación. O acto estivo presidido polo alcalde, Ángel Rodal, convertido en correxidor da Vila, acompañado pola concelleira de Cultura, María Iglesias, o vicepresidente de ACEBA, Pedro Villamarín, e membros da corporación municipal.

a-festa-da-arribada-mais-grande-da-historia-de-baiona-arrinca-o-dia-4-cun-programa-cargado-de-novidades

NOVIDADES FESTA DA ARRIBADA 2016

Un pouco de historia:

Foi no ano 1996, cando se empezou a celebrar o mercado Medieval da Arribada, que nada ten que ver co que coñecemos hoxe en día, de feito, na mente de todos están os comezos da arribada cuns poucos postos no Paseo Ribeira e hoxe en día, tras 21 edicións, estendeuse a un importante número de rúas e todo apunta a que o seguirá facendo para poder albergar a todos os veciños e visitantes que queiran gozar de todo o que a Arribada ofrece.

A Arribada como motor da economía local

A Arribada converteuse a día de hoxe nun motor económico importantísimo para Baiona e comarca, consolida a marca Baiona, dando a coñecer outra Baiona que non é a de sol e praia e pon en valor a súa historia que fai que os baioneses poidan sentirse orgullosos do seu pasado.

“Persoalmente e como responsable da área de Cultura, tras nove anos á fronte da Organización da Arribada, vin crecer esta Festa de forma exponencial, conseguindo nestes anos o título de Festa de Interese Turístico Nacional e cinco anos despois o de Internacional. Por iso está edición é moi especial para a organización, por iso puxemos todo da nosa parte para seguirvos sorprendendo e innovando en todo o que concierne ao atrezo das rúas e as actividades de lecer para todos, pero sobre todo para os máis pequenos da casa. O noso obxectivo é introducir ano tras ano novidades e ampliando zonas de esparexemento para que cada edición sexa diferente” subliñou María Iglesias,concelleira de cultura durante a presentación do programa

arribada 2016

Paradas dos Pobos Irmáns

A creación dun espazo dedicado aos Pobos Irmáns, chamado Paradas dos Pobos Irmáns que estará situado no Paseo Ribeira e onde se poderá gozar dos produtos típicos de cada rexión cos que Baiona hase hermanado durante estes anos (Palos de la Frontera cos seus fresones de Paus, Santa Fé de Granada cos típicos piononos, Pornic cos produtos característicos da zona do Val do Loira e Vila do Bispo co seu queixo de higos e produtos feitos coa algarroba. E xunto a eles estarán situados as sobremesas características de Baiona ‘Os Ñoclos de Pinzón e as Tortas de Sarmiento’. Esta zona está situada no Paseo Ribeira.

Campamento Medieval para os máis pequenos

Outra das novidades é a montaxe dun campamento medieval na praia Concheira onde os máis pequenos poderán realizar paseos en Pony ou dacabalo e ver como se vivía antigamente nunha contenda militar.

Exposicións temáticas

As exposicións temáticas características desta Festa estarán situadas no hall do concello co título: Á abordaxe!! A piratería tras o descubrimento.

Na capitanía marítima ‘A colexiata de Baiona, o que din as pedras’ (Esta exposición elaborada en gran medida pola Arqueóloga Rosa Villar Directora do Museo da Navegación recupera a colexiata de Santa María de Baiona como documento de extraordinario valor para coñecer a sociedade e economía da Baixa Idade Media, permitindo esbozar a foto da Baiona que vai coñecer Martín Alonso Pinzón cando arriba a este porto.

Casa do Reloxo

No novo edificio da Casa do reloxo estarán as asociacións de mulleres de Baiona que elaboran calceta, encaixes de palillos e mostrarán os labores realizados no último ano.

Festa Escénica

Destaca a presenza por primeira vez da Festa Escénica cun circo medieval e cun Castelo cunha pista xigante no interior, desde o que poderán deslizarse todos os que o desexen. Estas dúas atraccións tamén estarán no Parque da Palma.

Alameda dos Aprendices

En Carabela Pinta recreouse para os nenos unha praza de oficios Medievais chamada a ‘Alameda dos Aprendices’ onde a través dos obradoiros poderán experimentar como se acuñaba unha moeda, olería infantil e outros moitos oficios antigos.

Espectáculo por Queiman e Pousa para a Arribada

o-palacio-sede-da-deputacion-de-pontevedra-acolleu-a-presentacion-da-primeira-festa-da-arribada-de-interese-turistico-internacional
Foto: Queiman e Pousa na presantación da Arribada en Pontevedra

Resalta entre as novidades, un espectáculo creado exclusivamente por Queiman e Pousa para a Arribada. O espectáculo, con máis de 20 persoas en escena entre músicos e actores, recreará a gran Festa da Arribada, cunha voz, a de Andrea Pousa que namorará a todos os presentes. Terá lugar o venres ás 21:00Hrs en Praia Ribeira.

Música Medieval

A Música Medieval correrá cargo de Rosarum Flores ‘As musicas nas cortes europeas, na época dúas descubrimentos’, un grupo musical vindo desde Amsterdam.

Animación na rúa

Renóvase toda a animación de rúa que estará a cargo principalmente por Kepler e ‘Vos Galaicos’, entre outros.

Actos institucionais e estrea dun himno inédito composto por Gabriel Rodríguez

Tras a decisión do equipo de goberno de facer un día máis de Festa, os actos institucionais pásanse para o venres día 4, ás 18:00hrs.

O acto principal de conmemoración no Monumento a Pinzón, onde antes de comezar os discursos estrearase un himno inédito a Baiona composto polo director da Escola de Música Municipal e director da nosa Banda Gabriel Rodríguez. O himno será interpretado vocalmente pola soprano Andrea Pousa e musicalmente pola Banda Municipal.

“Recoméndovos que nos vos perdades esta estrea porque a canción é realmente emotiva“. suxeriu María Iglesias, quen termino a súa intervención dando as grazas “ao pobo de Baiona por involucrase na súa Festa, laica por excelencia e como non, ás persoas que conforman a organización da Festa, Gema, Raquel, Carlos, Javi, Isa, Sol e o resto do persoal de oficinas, obras, xardíns, limpeza viaria e policía local, xa que sen eles Baiona non podería ter unha festa destas características co despregamento de medios que supón e o tamaño do noso Municipio.”

a-festa-da-arribada-mais-grande-da-historia-de-baiona-arrinca-o-dia-4-cun-programa-cargado-de-novidades

 

- Publicidade -spot_img