spot_img
InicioO SalnésA Federación Galega de Fútbol propón celebrar o Nacional e a Liga...

A Federación Galega de Fútbol propón celebrar o Nacional e a Liga Europea de Fútbol Praia en Sanxenxo

O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, reuniuse hoxe co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, para ofrecerlle a posibilidade de poder celebrar na vila do Salnés o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Praia e tamén unha das tres xornadas clasificatorias da Liga Europea de Fútbol Praia. Louzán desprazouse a Sanxenxo acompañado do directivo Luis Serantes, do director deportivo Manu Fernández, do gran Ramiro Amarelle e do Event Manager de FIFA Beach Soccer, Gabino Renales. Este último presentoulle a Liga Europea ao alcalde e ao concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro, os cales se amosaron moi receptivos nesta primeira toma de contacto que terá continuidade en próximas reunións. O extraordinario éxito da Copa RFEF celebrada o ano pasado, coa magnífica resposta de Sanxenxo en todos os ámbitos, e de todo o público da comarca, fixo que o Presidente da FGF pensase desde un primeiro momento en Silgar para acoller dous eventos de enorme calado, como son en primeiro lugar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas e, sobre todo, unha xornada da Liga Europea. Gabino Renales explicou que a Liga Europea de Fútbol Praia dispútana seleccións nacionais. A relevancia do evento queda reflexada no feito de que a primeira das tres xornadas da Liga Regular se vai a disputar en Moscú, a segunda será en Hungría e a terceira quere a FGF que se celebre en Sanxenxo. A final xa ten sede oficial, na cidade italiana de Catania. Na xornada a disputar en Sanxenxo participarían 12 seleccións nacionais, entre elas España, Francia ou a vixenta campioa mundial, Portugal. A competición desenvolveríase de venres a domingo. Retransmitido por TV a medio mundo Beach Soccer Worldwide, empresa delegada da FIFA para a organización de campionatos internacionais de fútbol Praia, asegura a retransmisión por televisión a máis de 180 países a través das televisións Bein Sport para África e Oriente Medio, Globo para Brasil, Fox Sports para o resto de América e Asia, SuperSport para África Subsahariana, Россия-2 en Rusia, e unha amplia lista de canles de distintos países europeos. A proposta inclúe dúas fins de semana de fútbol praia do máis alto nivel español e internacional. Serán dúas fins de semana no mes de xullo, aínda que quedan por concretar as datas exactas. Esta primeira toma de contacto resultou moi satisfactoria e agora as dúas partes emprazáronse para continuar as conversacións co fin de concretar a organización de ambos eventos.

O Presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, reuniuse co alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, para ofrecerlle a posibilidade de poder celebrar na vila do Salnés o Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Praia e tamén unha das tres xornadas clasificatorias da Liga Europea de Fútbol Praia.

Louzán desprazouse a Sanxenxo acompañado do directivo Luis Serantes, do director deportivo Manu Fernández, do gran Ramiro Amarelle e do Event Manager de FIFA Beach Soccer, Gabino Renales. Este último presentoulle a Liga Europea ao alcalde e ao concelleiro de Deportes de Sanxenxo, Jesús Sueiro, os cales se amosaron moi receptivos nesta primeira toma de contacto que terá continuidade en próximas reunións.

O extraordinario éxito da Copa RFEF celebrada o ano pasado, coa magnífica resposta de Sanxenxo en todos os ámbitos, e de todo o público da comarca, fixo que o Presidente da FGF pensase desde un primeiro momento en Silgar para acoller dous eventos de enorme calado, como son en primeiro lugar o Campionato de España de Seleccións Autonómicas e, sobre todo, unha xornada da Liga Europea.

Gabino Renales explicou que a Liga Europea de Fútbol Praia dispútana seleccións nacionais. A relevancia do evento queda reflexada no feito de que a primeira das tres xornadas da Liga Regular se vai a disputar en Moscú, a segunda será en Hungría e a terceira quere a FGF que se celebre en Sanxenxo. A final xa ten sede oficial, na cidade italiana de Catania.

Na xornada a disputar en Sanxenxo participarían 12 seleccións nacionais, entre elas España, Francia ou a vixenta campioa mundial, Portugal. A competición desenvolveríase de venres a domingo.

Retransmitido por TV a medio mundo

Beach Soccer Worldwide, empresa delegada da FIFA para a organización de campionatos internacionais de fútbol Praia, asegura a retransmisión por televisión a máis de 180 países a través das televisións Bein Sport para África e Oriente Medio, Globo para Brasil, Fox Sports para o resto de América e Asia, SuperSport para África Subsahariana, Россия-2 en Rusia, e unha amplia lista de canles de distintos países europeos.

A proposta inclúe dúas fins de semana de fútbol praia do máis alto nivel español e internacional. Serán dúas fins de semana no mes de xullo, aínda que quedan por concretar as datas exactas.

Esta primeira toma de contacto resultou moi satisfactoria e agora as dúas partes emprazáronse para continuar as conversacións co fin de concretar a organización de ambos eventos.

- Publicidade -spot_img