spot_img
InicioVal MiñorNigránA Federacion Galega de Baloncesto e o CB Nigrán coorganizarán a III...

A Federacion Galega de Baloncesto e o CB Nigrán coorganizarán a III edición do Torneo Solidario ‘Encesta un Alimento’

a-federacion-galega-de-baloncesto-e-o-cb-nigran-coorganizaran-a-iii-edicion-do-torneo-solidario-encesta-un-alimento

A edición 2016 do Torneo ‘Encesta un Alimento terá lugar os pròximos 22 e 23 de decembro no Pavillón Municipal de Panxón.

O presidente da Federación Galega de Baloncesto Francisco Martín e a súa Secretaria Xeral Susana Fiuza mantiveron nos últimos días unha reunión cos responsables do Club baloncesto Nigrán coa finalidade de axuntar forzas para a organización de diferentes actos.

A adhesión de forzas entre ambas as entidades iníciase este mes de decembro coa organización do III Torneo Solidario “Encesta un alimento” como punto de partida para máis actividades futuras en conxunto.

A Federación Galega de Baloncesto e o C.B. Nigrán coorganizarán a III edición do Torneo Solidario ‘Encesta un Alimento’. A institución federativa outorga o seu apoio e o respaldo do seu estrutura ao club nigraniense, ideólogo desta iniciativa, a cal se consolida este ano sumando xa tres convocatorias con notable éxito.

A edición 2016 do Torneo ‘Encesta un Alimento terá lugar os pròximos 22 e 23 de decembro no Pavillón Municipal de Panxón, esperando repetir neste escenario as cifras da pasada edición: dous tonelas de alimentos recolleitos , 600 participantes chegados de toda Galicia e un alto compoñente de basket e diversión.

Nesta linea, a Federación Galega de Baloncesto e o C.B. Nigrán traballan xa de forma conxunta para poder ofrecer nos proximos días os detalles definitivos da actividade onde a solidariedad común sexa de novo a absoluta protagonista.

- Publicidade -spot_img