spot_img
InicioBaixo MiñoA GuardaA exposición “Escenarios da Prehistoria” chega ó Centro Cultural da Guarda o...

A exposición “Escenarios da Prehistoria” chega ó Centro Cultural da Guarda o venres 14 de outubro

cartel-escenarios-da-prehistoria-copiara-exposicion-escenarios-da-prehistoria-chega-o-centro-cultural-da-guarda-o-venres-14-de-outubro

O vindeiro venres 14 de outubro terá lugar a inauguración da exposición fotográfica “Escenarios da Prehistoria” no Centro Cultural da Guarda, ás 20.30 horas.

Chega así ó concello da Guarda, tras estar en Marín, Mos e Cuntis, unha mostra organizada polo Servizo de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e enmarcada dentro da programación cultural do Ano Castelao.

Esta iniciativa xorde coa idea de percorrer as mámoas, castros e petróglifos máis singulares da provincia a través das fotografías de Federico de la Peña. Ademais, tamén busca reflexar a preocupación que Castelao sempre mostrou polo noso patrimonio arqueolóxico e artístico e que deixou patente en obras como ‘As cruces de pedra na Galiza’. Incluso na década de 1920 formou parte da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, que nacera o século anterior co obxectivo de estudar e conservar elementos do noso patrimonio, así como a música e a poesía popular. É esta idea, a de conservar o noso patrimonio, a que vertebra a exposición ‘Escenarios da Prehistoria’, na que se pon de manifesto un dos bens patrimoniais máis relevante da nosa provincia, como é a súa riqueza en asentamentos prehistóricos de gran relevancia.

A mostra estará aberta ó público dende o venres 14 ata o luns 31 de outubro no Centro Cultural da Guarda. O horario, de luns a venres, será das 10 ás 13 horas pola mañá e de 17 a 20 horas pola tarde; os sábados só en horario de mañá das 10 ás 13 horas.

Nestas datas os visitantes poderán desfrutar dunha exposición que se divide en catro grandes bloques temáticos: Asentamentos paleolíticos, Monumentos megalíticos, Petróglifos e Castros; e que ten como obxectivo principal poñer en valor o patrimonio da provincia de Pontevedra,  dándoo a coñecer nos diferentes concellos.

- Publicidade -spot_img