A experiencia transfronteiriza de Tomiño e Cerveira no IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos

experiencia transfronteiriza de Tomiño e Cerveira no IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos ParticipativosO Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e útil

Fernando Nogueira, presidente da Câmara Municipal de VIlanova de Cerveira e Sandra González,  alcaldesa de Tomiño, foron os convidados do segundo día do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, que se celebra na Coruña, entre 4 e 6 de xullo. O Orzamento Participativo Transfronteirizo Cerveira-Tomiño foi analizado como unha experiencia innovadora e de éxito.

Dando continuidade aos encontros celebrados desde 2012 nas localidades de Odemira, Mollina e Punta Delicada, o IV Encontro Ibérico ten como obxectivo ser un espazo de intercambio das diversas experiencias dos Orzamentos Participativos aplicados en toda a Península Ibérica e illas, así como nalgunhas cidades da América Latina.

Ao longo de tres días, o encontro desenvólvese entre conversas abertas, reunións de traballo, workshops, conferencias, mesas redondas, presentación de libros e mesas de experiencias. E foi nesta vertente que o alcalde de Vila Nova de Cerveira, Fernando Nogueira, e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, foron convidados pola organización a compartir e testemuñar a experiencia do Orzamento Participativo Transfronteirizo, que xa vai na segunda edición, e cuxa adhesión creceu significativamente.

Tanto a alcaldesa de Tomiño, como o presidente da Cámara de Cerveira, explicaron que  a cooperación transfronteiriza permite aproveitar equipamentos comúns e levar a cabo proxectos que de forma unilateral, non serían viables. “Para nós, o OPT é un medio para fomentar a implicación entre as dúas comunidades veciñas”, comentou Sandra González.

Como resultado deste traballo de reflexión en común do IV Encontro Ibérico de Democracia e Orzamentos Participativos, o Concello da Coruña na calidade de organizador da iniciativa, en estreita colaboración cos socios, pretende avanzar cunha axenda compartida, dando continuidade á democracia participativa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies