spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra amplía o prazo de...

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra amplía o prazo de matrícula de novo alumnado

-escola-de-canteria-da-deputacion-de-pontevedra-amplia-o-prazo-de-matricula-de-novo-alumnado

O alumnado interesado disporá ata o 7 de xaneiro de 2016 para formalizar a súa matrícula

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, centro de formación especializado na arte do traballo da pedra, amplía ata o 7 de xaneiro o prazo de matrícula de novo alumnado en calquera das especialidades impartidas no centro: Cantería, Mestre/a de Cantería e cursos de formación específica.

As alumnas e os alumnos que desexen inscribirse neste novo prazo de matrícula deberán cubrir o impreso que figura na páxina web da Escola de Cantería (http://www.canteiros.depo.es/documents/363902/364002/324+-+001+Matricula+Escola+Canteiros.pdf) e acompañalo do resgardo de abono de taxas.  A cota de matrícula oficial para o curso anual é de 114,50 euros.

Ademais deberán presentar fotocopia compulsada do DNI, 2 fotografías tamaño carné, fotocopia compulsada da partida de nacemento, certificado dos estudos realizados (orixinal ou fotocopia compulsada) e certificado médico no Rexistro da Deputación de Pontevedra, nas Oficinas de Correos ou a través de calquera outro medio que contemple a Lei do procedemento administrativo común. O alumnado non deberá ter máis de 35 anos e deberá estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Os estudos conducentes á obtención do título de Cantería teñen unha duración de tres anos. As persoas que completen este programa teñen a posibilidade de continuar a súa formación durante outros dous anos máis e obter así o certificado superior de Mestre de Cantería. Ademais a Escola oferta cursos de formación específicos, de máis curta duración, dirixidos a profesionais que desexen perfeccionar determinadas técnicas.

- Publicidade -spot_img