spot_img
InicioO SalnésA Deputación investirá 1,3 millóns de euros na creación dun paso...

A Deputación investirá 1,3 millóns de euros na creación dun paso subterráneo que desconxestione o tráfico na entrada de Sanxenxo

A Deputación investirá 1,3 millóns de euros na reforma da rúa Luis Rocafort e traballa na creación dun paso subterráneo que desconxestione o tráfico na entrada de SanxenxoA Deputación de Pontevedra ten xa consignada nos seus orzamentos unha partida de 1,3 millóns de euros para as obras de reforma da rúa Luis Rocafort, en Sanxenxo, e está a estudar a construción dun paso subterráneo á altura da rotonda que dá entrada a esta rúa.

No primeiro caso trátase, segundo indicou o presidente da Administración provincial, Rafael Louzán, de corrixir a deterioración “dunha rúa troncal do concello de Sanxenxo”, mentres que o paso subterráneo tería como finalidade “resolver un punto de colapso permanente do tráfico” situado xusto á entrada do concello.

No que respecta á reforma de Luis Rocafort, Louzán explicou que se trata dunha obra imprescindible pois “é unha rúa que se está afundindo en moitos puntos debido ós numerosos servizos soterrados que hai nela e que teñen moita antigüidade”.

O proxecto afectará a toda a rúa, excepto ó tramo da rotonda que emboca coa dita rúa, xa que este treito se vería afectado polo paso subterráneo que se pretende construír baixo esa rotonda e que permitiría “darlle ó tráfico de entrada e saída a Sanxenxo unha fluidez que agora mesmo non ten”, especialmente nos meses de verán.

Nestes momentos os técnicos da Deputación traballan na elaboración do anteproxecto desta alternativa para solicitarlle o correspondente permiso á Xunta, que é a titular da rotonda.

O paso inferior permitiría que o tráfico que se dirixe desde a autoestrada ou a autovía do Salnés cara a Silgar non teña que acceder a esa rotonda, senón que o poida facer polo paso subterráneo, mentres que pola PO-308 se dirixiría o tráfico que vai da Lanzada a Pontevedra e viceversa.

Estas actuacións sumaranse ás obras que agora se están a executar na estrada A Granxa-Dorrón, que contan cun orzamento de 1 millón de euros e representarán o ancheamento e urbanización desta estrada.

- Publicidade -spot_img