spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra instala máis de 200 luminarias LED en 6...

A Deputación de Pontevedra instala máis de 200 luminarias LED en 6 concellos da provincia

Tui, Nigrán A Estrada, Agolada, Ribadumia e Meis participan na proba piloto do programa posto en marcha polo organismo provincial para optimizar a iluminación exterior pública dos municipios
A Deputación de Pontevedra instala máis de 200 luminarias LED en 6 concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra continúa cos traballos para a optimización da iluminación exterior pública nos concellos da provincia. Na actulidade,  en Tui, A Estrada, Ribadumia, Nigrán, Meis e Agolada xa se cambiaron  máis de 200 lámpadas de vapor de sodio por outras novas LED.

Tui, Nigrán A Estrada, Agolada, Ribadumia e Meis participan na proba piloto do programa posto en marcha polo organismo provincial para optimizar a iluminación exterior pública dos municipios

Estes seis  concellos participan na proba piloto de iluminación pública coa que se quere recoller os datos e medicións que permitan establecer accións orientadas a mellorar e facer un uso máis eficiente da enerxía. Accións  que no futuro serán aplicables a todos os municipios da provincia.

Proba piloto en 6 concellos

Con estas tarefas de control lumínico estase a realizar un estudo técnico que ten como finalidade axustar as potencias de iluminación ás necesidades reais, mediante o emprego de tecnoloxía de alta eficiencia LED.

Os novos puntos de luz son controlados individualmente e en remoto (tanto o consumo coma o arranque e apagamento e as avarías) e  os cadros xerais da iluminación se someten a un rigoroso seguimento mediante a instlación e dispositivos de monitorización, e outras ferramentas de telexestión que permiten programar os horarios de acendido e apagado e regular a intensidade lumínica.

200 lámpadas LED para optimizar o gasto

Os datos de consumo que se recollen refírense ás novas lámpadas LED xa instaladas (200) e que permitiron  reducir a  potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %.

Coa análise dos datos que se realiza destas lámpadas defínense  as accións coas que diminuír os custos de funcionamento das instalacións de iluminación pública e que lles permite as concellos son  optimizar o gasto enerxético neste ámbito.

Estes novos puntos de luz están conectados a un único cadro de iluminación pública, onde se concentran os instrumentos de control e de telexestión, cuxa regulación punto a punto permite maximizar os aforros de enerxía e a eficiencia no mantemento.

Os datos que se capturan nesta proba piloto envíanse a unha plataforma tecnolóxica de última xeración, baseada no concepto IoT (Internet of Things), con capacidade de xestión e mellora das actividades de operación e mantemento.

Proxecto “depoGAP”

Esta iniciativa insírese no proxecto “depoGAP”, promovido pola Deputación de Pontevedra e cofinanciado nun 70 % a través de fondos europeos Feder.

DepoGap quere promover un novo modelo de xestión dos activos públicos a través das novas tecnoloxías e coa colaboración e participación cidadá.

 

- Publicidade -spot_img