A Deputación de Pontevedra converteuse este venres na rampa de lanzamento da nova temporada do Club Ciclista Rías Baixas

a-deputacion-de-pontevedra-converteuse-este-venres-na-rampa-de-lanzamento-da-nova-temporada-do-club-ciclista-rias-baixasA presidenta Carmela Silva fixo todo un recoñecemento ao renovado plantel do Club do Val Miñor. “Levades o nome de Rías Baixas e sodes a nosa referencia en toda España”

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recibiu este venres, xunto á deputada de Deportes, Chelo Besada, e aos alcaldes de Gondomar, Baiona e Nigrán, aos membros do equipo elite do Club Ciclista Rías Baixas, nun acto ao que asistiron os corredores, o corpo técnico e o Presidente Jose Luis Chamorro, na súa presentación da nova temporada.

A presidenta provincial resaltou que “os equipos como o Club Ciclista Rías Baixas, que con moito traballo e sacrificio se adían a fomentar o ciclismo, teñen todo o meu respecto, admiración e o meu cariño. Este club é un orgullo para a provincia porque apostan por un deporte que é parte nosa, porque os ciclistas deste equipo son un exemplo para os mozos e mozas da provincia e porque cada ano nos dan moitos éxitos dos que podemos presumir”. Silva recoñeceu que “o ciclismo é un deporte de heroes que nunca deixa de sorprenderme polo sacrificio que hai detrás” e afirmou que “teño que aproveitar esta presentación para darvos as grazas, mostrar a miña admiración e desexarvos moita sorte para esta temporada”.

O presidente do Club, Jose Luis Chamorro, agradeceu a importante axuda da institución provincial. “É un apoio esencial que temos agora e que nunca tivemos na Deputación”

Na súa intervención, o presidente do Club Ciclista Rías Baixas, José Luis Chamorro, destacou que “hoxe teño que dar as grazas á Deputación e en particular a súa Presidenta porque grazas a ela, por vez primeira, o Club Rías Baixas ten un convenio con esta administración que permítenos traballar con máis tranquilidade, xa que como podedes imaxinar antes as dificultades eran moi grandes”. Chamorro engadiu que “levamos o nome das Rías Baixas por España e isto énchenos de orgullo e felicidade”.

Na mesma liña falaron os alcaldes de Gondomar, Baiona e Nigrán, que amosaron a súa satisfacción pola existencia do Club Ciclista Rías Baixas. Paco Ferreira, alcalde de Gondomar, afirmou que “é un orgullo para o Val Miñor contar con este equipo”, mentres que Juan González, alcalde de Nigrán, sinalou que “o Rías Baixas é algo máis cun club, con xente moi traballadora, que sacrificase en prol do deporte e tan só quédame darlle as grazas”. Por último, Ángel Rodal, alcalde de Baiona, resaltou que “é un orgullo ter na nosa provincia a este club, que é un dos mellores de España. Que un equipo dun dos deportes máis duros que existe leve o nome das Rías Baixas é un verdadeiro privilexio.”

A presentación tivo lugar en véspera dun fin de semana cargado de carreiras, na que o equipo do Val Miñor participará na Clásica de Pascua, este sábado, no Memorial Valenciaga e no Gran Premio Ciclista Cuéllar, estas dúas o domingo.

Para finalizar, Carmela Silva mostrou a súa admiración e pediu un recoñecemento especial para o exciclista Prudencio Induráin, presente no acto, ao que lle transmitiu “que para a Deputación de Pontevedra é unha honra terte entre nós. A familia Induráin deu moitas cousas a este país, sodes unha referencia, moito máis que ciclistas”.

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies