spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaiorA Deputación de Pontevedra contará co Concello de Soutomaior para definir os...

A Deputación de Pontevedra contará co Concello de Soutomaior para definir os usos do castillo

a-deputacion-de-pontevedra-contara-co-concello-de-soutomaior-para-definir-os-usos-do-castillo

Carmela Silva asegura o seu compromiso para urbanizar a estrada provincial EP-2908 ao seu paso polo novo instituto de educación secundaria

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asegurou hoxe na súa xuntanza co alcalde Agustín Reguera, que a institución contará co concello para definir os usos do castelo de Soutomaior.

Silva realizou hoxe a súa primeira visita oficial ao concello de Soutomaior onde foi recibida polo seu alcalde, Agustín Reguera que se mostrou “moi satisfeito” por esta visita, coa que a Presidenta manifestou que  “quero conocer de primeira man as necesidades de cada concello da provincia”.

De feito o alcalde plantexou dúas reclamacións á Presidenta da Deputación que recibiron o compromiso de Carmela Silva. En primeiro lugar, a urbanización dun tramo de trescentos metros da estrada provincial EP-2809 ao seu paso polo novo instituto de ensinanza secundaria de Soutomaior.  A Presidenta comprometeuse a levalo adiante ao reconocer que era unha necesidade para os escolares pola seguridade dos mesmos e dos vehículos que circulan por esta estrada.

A outra reclamación do alcalde é sobre o castelo de Soutomaior. A este respecto Carmela Silva indicou que a redacción do “plan de usos” do castelo foi contratado o pasado mes de decembro e que, con toda probabilidade, a finais de febreiro estará listo para o seu envío ao concello. “Remitiremos ao concello as liñas mestras del plan de usos para que podan aportar as súas ideas ao respecto”. Silva reconoceu que o castelo ten que servir como un alicerce para o municipio e un atractivo turístico moi importante.

A redacción de este estudio de usos e viabilidade  contempla os castelos de Soutomaior e Sobroso,  e saíu a concurso en decembro por un importe de máis de 21.000 euros e contempla a redacción do estudo de usos e de viabilidade dos espazos  actuais de ambos castelos e as propostas de intervención, tanto para a súa conservación como para o seu uso turístico.

Por outra parte, a Presidenta informou o alcalde do novo “Plan Concellos”, polo que o concello de Soutomaior recibirá ao longo de 2016 a cantidade de 474.169 euros, un 18,6 por cento máis das cantidades que percibiu no ano pasado. Silva recordou que ademais desta liña de axudas os concellos continuarán recibindo outra series de subvencións para escolas musicais, deportes, igualdade, etc.

- Publicidade -spot_img