spot_img
InicioBaixo MiñoA Deputación de Pontevedra concede 16.600 euros a 4 asociaciones e colectivos...

A Deputación de Pontevedra concede 16.600 euros a 4 asociaciones e colectivos do Val Miñor e do Baixo Miño

Deputación-Pontevedra-concede-16.600-euros-4-asociaciones-colectivos-Val-Miñor-Baixo-Miño
O Boletín Oficial da Provincia (BOPPO) ven de publicar o anuncio polo que se lle conceden 16.634€ a 4 asociacións e colectivos de Tomiño e Nigrán para posta en marcha e promoción de diferentes iniciativas e proxectos de promoción de emprego e de integración social no marco da prestación de servizos sociais de atención especializada.

Trátase das axudas concedidas polos Servizos Sociais e Promoción de Emprego da Deputación dirixidas a entidades que teñen por obxecto a realización de proxectos ou actividades dentro da provincia orientadas á intervención, asistencia, integración social e laboral, prevención e promoción do benestar daqueles colectivos que, atendendo ás súas especiais circunstancias, precisan dunha maior especificación técnica e interdisciplinar na súa intervención.

Estas axudas beneficiaron, o pasado mes de maio, a 160 entidades da provincia, 2 da comarca do Val Miñor e 2 da comarca do Baixo Miño

Trátase de dúas asociación  de Tomiño e outras dúas de Nigrán
ConcelloBeneficiarioFinalidade

 

Tomiño   Asociación Asistencial SOS TomiñoCompra de alimentos
 Asociación de Persoas con Discapacidade  VontadeCurso de informática básica
Nigrán Asociación Benéfico Social de Pais e Amigos A Esperanza de O Val MiñorProxecto “Reporteiros en rede 2015”
 Asociación de Pais do Centro Castro NavasActividades de lecer para persoas con TEA

 

- Publicidade -spot_img