spot_img
InicioO SalnésArousaA Deputación de Pontevedra coloca o escudo do Concello da Illa de...

A Deputación de Pontevedra coloca o escudo do Concello da Illa de Arousa xunto ao resto dos 61 da provincia

a-deputacion-de-pontevedra-coloca-o-escudo-do-concello-da-illa-de-arousa-xunto-o-resto-dos-61-da-provincia

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva,  e o alcalde de A Illa de Arousa escenificaron a posta do escudo deste concello xunto aos 61 concellos do resto da provincia que se atopan na escalinata de acceso ao Pazo Provincial en Pontevedra.

O escudo do concello de A Illa de Arousa era o único que faltaba por poñer xunto o resto de concellos na escalinata do pazo despois de oito anos de acadar o acordo plenario do municipio para a súa aprobación  xunto coa bandeira.

Así o recordou o alcalde, Carlos Iglesias, que sinalou que tras a segregación do concello de Vilanova e converterse no concello número 62 da provincia de Pontevedra, aprobouse en 2008 o escudo e a bandeira do seu concello.

“Oito anos despois vemos o noso escudo xunto o resto, nun acto que pode parecer pouco importante, pero que realmente remata coa discriminación que sufría a  Illa de Arousa “, sinalou Carlos Iglesias.

Pola súa banda, a Presidenta Carmela Silva, reconoceu que foi unha das primeiras reclamacións do alcalde de A Illa tras a súa primeira xuntanza, e “me sorprendeu que non se dera unha resposta a algo tan sinxelo dende esta casa. Nesta Deputación faltaba un concello que non estaba presente”.

Carmela Silva subliñou que agora si, “calquera que suba por estas escaleiras poderá ver a totalidade dos escudos de todos os concellos da provincia e  A Illa deixará de ser un concello desconocido para esta Deputación”.

a-deputacion-de-pontevedra-coloca-o-escudo-do-concello-da-illa-de-arousa-xunto-o-resto-dos-61-da-provincia

 

- Publicidade -spot_img