spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA Deputación de Pontevedra celebra o Día Mundial da Xuventude cunha campaña...

A Deputación de Pontevedra celebra o Día Mundial da Xuventude cunha campaña en redes sociais

-deputacion-de-pontevedra-celebra-o-dia-mundial-da-xuventude-cunha-campana-en-redes-sociais

Cada ano, nun día como hoxe, 12 de agosto, a ONU celebra o Día Internacional da Xuventude.

A Deputación de Pontevedra, tal e como asegurou hoxe a súa Presidenta, Carmela Silva, “súmase por vez primeira a esta iniciativa para promover unha xuventude participativa, comprometida coa sociedade e co benestar colectivo, coa educación, co emprego, coa saúde e co medio ambiente”.

A Presidenta da Deputación manifestou tamén a necesidade de “darlle visibilidade á xuventude, e por iso celebramos hoxe este día cunha campaña que ten por obxectivo fomentar a participación das mozas e mozos da provincia a través da realización de selfies e fotografías, con fondos e marcos específicos creados para a ocasión, que se van a divulgar en redes sociais”. En concreto, máis de 150 mozas e mozos participantes nas actividades de DepoRúarte da Deputación xa están a subir as imaxes cos hashtag #diadaxuventude, #deporuarte e #depoaventura.

Carmela Silva recordou ademais os programas que a institución provincial está a levar a cabo desde as áreas de xuventude e emprego centrados nas mozas e mozos da provincia. Así, a Presidenta provincial falou do programa DepoRúarte, que está a configurar en 52 concellos de menos de 50.000 habitantes  espazos de lecer alternativos e innovadores para a xuventude, con actividades educativas saudables e modernas; En Ruta coa Depo, que ten o prazo aberto ata o 22 de agosto para que as asociacións xuvenís da provincia poidan solicitar algunha das 23 rutas do programa que inclúen, entre outras cousas, surf, kaiak, visitas guiadas pola Ría de Vigo, O Morrazo ou O Grove; Depoaventura A Lanzada, no que están a participar 2.200 mozas e mozos; DepoAndainas, un programa de sendeirismo que pretende poñer en valor o territorio da provincia ó temo que fomenta hábitos de vida saudables; os cursos de inglés para a xuventude, que comezaron no mes de xuño e se seguen a celebrar e o Plan Estratéxico de Xuventude para a provincia de Pontevedra.

Ademais, a Deputación de Pontevedra está a impulsar medidas para promoven o emprego e a inserción laboral como o Practicum Depo ou Erasmus +; o Plan de Práctica Laboral en concellos, Deputación e empresas privadas; as bolsas de emprego nas oficinas de turismo; as bolsas para mestras e mestres composteiras e composteiros; a bolsa de emprego 2016; os espazos de coworking nos viveiros de Barro Meis e Lalín; o proxecto SmartPeme ou o programa DepoEmprende que se presentou esta mesma semana.

A Presidenta da Deputación de Pontevedra tamén recordou liñas de actuación encamiñadas a promover ás novas creadoras e creadores, como o certame Novos Valores, ou ofertas culturais e musicais destinadas á xuventude, como os Festivais Rías Baixas ou os festivais cinematográficos que teñen lugar na provincia de Pontevedra.

 

- Publicidade -spot_img