spot_img
InicioO MorrazoCangas do MorrazoA Conselleria de Cultura e Educación participa en Cangas na inauguración da...

A Conselleria de Cultura e Educación participa en Cangas na inauguración da exposición ‘O froito prohibido’, de María Xosé Domínguez

Conselleria de Cultura e Educación participa en Cangas na inauguración da exposición ‘O froito prohibido’, de María Xosé DomínguezA artista crea un espazo de reflexión en torno ao papel da muller na sociedade a través de obxectos cotiáns que eleva a nivel creativo e simbólico

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, representada polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, participou este serán na inauguración da exposición ‘O froito prohibido’, de María Xosé Domínguez, que se pode visitar desde hoxe e ata o vindeiro 25 de xaneiro no Auditorio Municipal de Cangas.

No traballo expositivo, segundo afirmou o secretario xeral de Cultura, esta artista multidisciplinar “presenta o resultado de varios anos de traxectoria artística, de estudo e de permanente aprendizaxe creativa e con el convídanos a reflexionar sobre o papel da muller na sociedade e a reivindicar o seu labor a través da arte”.

Conselleria de Cultura e Educación participa en Cangas na inauguración da exposición ‘O froito prohibido’, de María Xosé DomínguezPara a comisaria da mostra, Elena Bangueses, as obras parecen xirar en torno a tres conceptos: a feminidade, o obxecto e o sentimento. Tanto na construción das súas obras como no seu esforzo conceptual, estes tres aspectos están sometidos a un continuo xogo, a unha variada combinación de modo que o espectador se ve sorprendido polos diversos matices. Cando o sentimento se establece entre a feminidade e o obxecto, describe a conexión das mulleres coas súas pertenzas. Neste caso vemos vasoiras e plumeiros elevados a nivel museístico. Por outro lado, a feminidade pode atoparse entre o sentimento e o obxecto, desposuíndoo da súa antiga utilidade. É o caso dos colares de María Xos
Deste xeité, que perden o seu carácter decorativo para acomodar o peso das mensaxes cosidas sobre eles.

Valor simbólico de obxectos cotiáns

Deste xeito, as obras de María Xosé Domínguez son obxectos simbólicos a través dos que a artista lle fai unha ofrenda á deusa da vida doméstica, elevando o valor de obxectos de uso cotián, ou liberando do seu confinamento no fogar as prácticas artesanais tradicionais das mulleres. Obxectos que parecen propios da intimidade do fogar, fanse públicos, reinterprétanse e elévanse a nivel artístico, perdendo a súa funcionalidade e adquirindo novos valores e significados.

O traballo da artista, segundo Bangueses, está profundamente enraizado no que por séculos foi considerado pola sociedade patriarcal como prácticas artesanais femininas. Técnicas e tradicións, como son a costura ou a calceta, que serviron no pasado como liñas de produción do fogar ou como mecanismos de canalización das forzas creativas das mulleres, tantas veces oprimidas dentro da vida familiar. Esta homenaxe á tradición xorde da reflexión de María Xosé sobre a posición oprimida da muller, que se transmite dunha xeración á seguinte, xunto coas prácticas artesanais femininas.

Evolución artística sobre o tema da muller
Esta exposición individual é o resultado de varios anos de creación artística, investigación e evolución constante en torno ao tema da muller na sociedade. As súas viaxes regulares a Marrocos teñen unha gran influencia nas súas pezas e na investigación sobre as cuestións de xénero. A exposición reúne as pezas máis salientables deste período creativo, nun intento de crear un espazo para a reflexión.

- Publicidade -spot_img