spot_img
InicioVal MiñorNigránA campaña Descobre Nigrán 2014 segue activa en agosto

A campaña Descobre Nigrán 2014 segue activa en agosto

A campaña Descobre Nigrán 2014 segue activa en agostoA campaña Descobre Nigrán 2014 mantén a súa programación prevista para este mes de agosto cunha oferta de rutas en paddle surf pola cala de Area Fofa e as bateas de Monteferro, con saída mañá ás 11.00 horas, organizada por Prado Surf Escolas en colaboración co concello.

Así mesmo, locais e visitantes teñen o vindeiro xoves 21 unha nova cita co patrimonio cultural e patrimonial do municipio, coa convocatoria dunha nova visita guiada polos pazos das Pías, Cea e Touza, con saída ás 18.00 horas desde a Oficina de Turismo Dunas de Gaifar, en Panxón.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse á oficina de turismo de Panxón (986368734), Patos (699232176) ou A Ramallosa (986354879) ou a través do correo electrónico oficinaturismo@nigran.org.

- Publicidade -spot_img