spot_img
InicioPontevedra e ÁreaA camelia será a protagonista en Pontevedra os próximos meses en 18...

A camelia será a protagonista en Pontevedra os próximos meses en 18 mostras, certames e exposicións

a-camelia-sera-a-protagonista-en-pontevedra-os-proximos-meses-en18-mostras-certames-e-exposicionsA Deputación de Pontevedra colaborará dende este mes de xaneiro e ata o mes de abril en 18 mostras, certames e exposicións sobre a camelia en toda a provincia. A Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), centro dependente da institución provincial, é a que xestiona o apoio a todos os eventos mediante o asesoramento aos organizadores, a cesión de plantas, así como coa participación presencial nas mostras, ás que traslada unha pequena selección das máis de 1.000 variedades de camelias da finca de Lourizán.

A deputada responsable de Sectores Produtivos Primarios, Eva Vilaverde, responsable da EFA, subliña a necesidade de dar a coñecer a camelia tanto no ámbito local coma internacional xa que Pontevedra “é unha importante zona de produción comercial de camelias ornamentais”. Así mesmo, destaca se trata dun elemento fundamental e identificativo dos xardíns da provincia e de Galicia “que ten un importante potencial a nivel turístico”.

Vilaverde lembra o importante traballo que fai a Estación Fitopatolóxica de cara ao sector, xa que ven realizando estudos en relación cos problemas sanitarios da camelia dende hai máis de 25 anos.  Así mesmo, destacou o importante “laboratorio de ensaio” que supón contar cos xardíns de Lourizán, onde se cultiva unha das maiores coleccións de camelia de toda Galicia.

Calendario

a-camelia-sera-a-protagonista-en-pontevedra-os-proximos-meses-en18-mostras-certames-e-exposicionsO calendario de certames e exposicións nas que participa e colabora a Deputación de Pontevedra comezou esta fin de semana coa I Mostra da Camelia de Tui, que se desenvolve nunha sala de exposicións do edificio municipal Área Panorámica do mencionado concello. A mostra está organizada por un grupo de tudenses amantes da camelia e será inaugurada á unha da tarde. Poderase visitar este sábado de 16.30 a 20 horas e o domingo de 10 a 14 horas e de 16 a 19.30 horas.

A seguinte mostra será a ‘X A Camelia en Domaio‘, organizada pola Asociación de Mulleres Poza de Moura, no CEIP Domaio o 30 e o 31 deste mes. Xa no mes de febreiro realizarase a II Mostra de Camelia de Vilanova no Pavillón de Vilanova de Arousa (os días 6 e 7); e a I Mostra de Divulgación da Camelia en Cambados, no Salón de Peña situado no Paseo Marítimo, organizada polo concello para os días 13 e 14. Na mesma fin de semana tamén se desenvolverán o VII Concurso-exposición da camelia en Tomiño, organizada pola Asociación de Vigueses Baixo Miño, e a IV Mostra da Camelia en Torneiros, organizada pola asociación de veciños, así como a dédima edición de ‘A camelia na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis‘. Por outra banda, tamén está prevista a celebración dunha mostra no Aeroporto de Vigo, que este ano verá a súa segunda edición,  así como a VII Exposición da camelia en Rubiáns (Vilagarcía) o 27 e 28 de febreiro.

No mes de marzo están fixados o XVIII Memorial Antonio Odriozola no Mosteiro de Lérez en Pontevedra (días 5 e 6), que está organizada pola Asociación Cristo del Consuelo; e a XIV Exposición da camelia en Salceda de Caselas, no auditorio municipal. Na fin de semana seguinte tócalle o turno á XII Gala Camelia no Camiño organizada pola Asociación de Amigos do Camiño Portugués a Santiago e tamén o XVI Certame da camelia no Castelo, en Soutomaior. Xa durante os días de semana tócalle a quenda ao CEIP Campolongo de Pontevedra, que se involucra coa camelia nunha mostra que abrirá o día 15 no propio centro.

O 19 e 20 de marzo a Deputación de Pontevedra celebrará a súa propia mostra, co LII Concurso-exposición internacional da Camelia, que esta edición será no Recinto Feiral-Pazo de Congresos de Pontevedra e na que está prevista a participación de decenas de cultivadores.

Finalmente, a tempada pechará coa IV Mostra da camelia ‘Cultural de Sanxenxo, no Círculo Cultural Deportivo (os días 24 e 25 de marzo), a X Exposición de camelias Bella Otero no Auditorio Municipal de Valga e a IV Exposición Día da Camelia do Concello de Ponteareas na fin de semana do 9 e o 10 de abril.

Para saber maisPazos e Xardíns da Ruta da Camelia

- Publicidade -spot_img