A Biblioteca Municipal de Baiona terá todo listo para a súa inauguración na primeira semana de xullo

nova-biblioteca-municipal-baiona-abrira-ao-publico-vindeiro-outonoO Concello de Baiona realizou o último trámite para abrir a Biblioteca Municipal, formalizar o contrato coa empresa Sirvent S. L que fornecerá o mobiliario da biblioteca municipal por 38.778,08 euros e EUN Sistemas S. L., dos do arquivo municipal por 15.067,75

O Concello asinou en decembro un convenio coa Xunta de Galicia, polo que a Administración autonómica achegaba 40.000 euros ao equipamento do servizo, valorado en 75.000 euros. Destináronse 15.000 a equipos informáticos e administrativos e montante restante destinarase á compra de andeis rodantes, xa que a sala dispón de andeis fixos, mesas e cadeiras. Segundo o contratado de adxudicación rubricado este mañá o mobiliario deberá estar colocado nun prazo dun mes e medio.

a-biblioteca-municipal-de-baiona-tera-todo-listo-para-a-sua-inauguracion-na-primeira-semana-de-xulloA Concelleira de Cultura, María Iglesias, sinalou que “Cando se instale o novo material xa estará todo listo para a reapertura do edificio”. Ademais, destacou “que no próximos quince días procederase ao traslado de libros e material audiovisual para colocalos nos novos andeis en canto cheguen a finais de xuño. A primeira semana de xullo xa estará todo listo para a inauguración”

Pola súa banda, o Alcalde de Baiona, destacou que “Se trata do último trámite que faltaba para poder abrir a Biblioteca Municipal” e engadiu que coa rehabilitación do edificio Sancti Spiritus “Estamos ante unha obra espectacular, tanto polo seu deseño como polas súas dimensións e comodidade. Os veciños e veciñas de Baiona poderán gozar dunha dotación cultural de gran calidade e funcionalidade”.

A rehabilitación do Hospital Sancti Spiritus levou a cabo cun investimento superior aos 1,1 millóns achegados polo Ministerio de Fomento, grazas ao plan denominado 1,5% Cultural.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies