spot_img
InicioBaixo MiñoA asociación “SOS Tomiño-Baixo Miño” fai un balance moi positivo dos seus...

A asociación “SOS Tomiño-Baixo Miño” fai un balance moi positivo dos seus primeiros dez anos de vida

a-asociacion-sos-tomino-baixo-mino-fai-un-balance-moi-positivo-dos-seus-primeiros-dez-anos-de-vidaCon máis de 100 persoas asociadas e numerosos voluntarios, o colectivo asistencial que conforma a Asociación SOS Tomiño, celebrará unha comida solidaria o vindeiro día 24 en Tui

A asociación asistencial SOS Tomiño-Baixo Miño, cumpre o seu 10º aniversario. Para celebralo, organiza un xantar solidario co fin de “dar as gracias a todas as persoas voluntarias que colaboran coa entidade. “Esta comida anual  está pensada coma un agradecemento a socios e colaboradores, que, coas súas achegas, axudan a manter viva a nosa labor”, explica Jose Quinteiro, presidente da asociación.

Días atrás, a alcaldesa de Tomiño e a concelleira de Servizos Sociais, Cristina Martínez, recibiron no Concello ao equipo directivo e a outros membros da asociación, para felicitarlles pola súa labor e dedicación ao longo dunha década.

Este ano é un ano especial porque o colectivo, que axuda na actualidade a un centenar de familias dos concellos de Tomiño, Tui e O Rosal, cumpre dez anos de actividade. “Dez anos de traballo, esforzo e ilusión, para axudar ás familias máis necesitadas da comarca”, en palabras do directivo.

No 2017, SOS Tomiño-Baixo Miño, entregou máis de 137.000 quilos de alimentos, e no que vai de ano, levan repartidos máis de 64.000. Alimentos que proceden na súa maior parte, do Banco de Alimentos de Vigo e de fondos europeos (Fondo Español de Garantía Agraria). Case 140 persoas voluntarias recollen, clasifican, rexistran, almacenan e entregan os produtos, levando un estrito control de cada caso.

Anualmente, redáctase unha memoria que se envía a asociados, voluntarios, particulares, empresas, e administracións colaboradoras, así coma aos medios informativos. Tamén hai moitas agrupacións, clubs, colexios e concellos que promoven ou adaptan actividades para solidarizarse coa asociación asistencial; accións que o presidente de SOS Tomiño-Baixo Miño, agradeceu durante a recepción no Concello tomiñés.

A comida solidaria terá lugar o día domingo 24 de xuño ás 13.30 horas no Colexio dos Maristas de Tui, seguindo a costume de ir alternándoa e facela cada ano nun concello diferentes.

Poranse á venda 200 convites a un prezo de 20 euros para os adultos e 10 para os menores. Dende a asociación advirten que as persoas que non poidan asistir ao xantar, terán a posibilidade de mercar uns tíckets solidarios por valor de 5 euros.

Un pouco de historia

A orixe da Asociación SOS Tomiño-Baixo Miño remóntase ao ano 2008, en Tomiño, cando un grupo de xente, con José Luis García Mengual coma socio fundador (na actualidade continúa coma presidente de honra) comeza a recollida e entrega de alimentos a familias necesitadas; pago de recibos de servizos básicos, coma a auga, a electricidade, gas, gastos sanitarios, de vivenda, etc. Na aquela posta en marcha, foron persoas relevantes tamén, o párroco de Figueiró, José Luis Portela Trigo e o concelleiro de Benestar Social, Pablo Baquero.

En marzo de 2012, é elixido presidente Jose Quintero; apróbanse novos estatutos e expándese a actividade ao concello de Tui, pasándose a chamar SOS Tomiño-Baixo Miño. A partir dese momento, a asociación modernízase, comezan a chegar máis voluntarios, recursos e axudas; conséguese un novo local, con máis superficie e incorpóranse cámaras de frío, sistema de palletes, andeis industriais, etc. Sendo o ben máis prezado o furgón, cofinanciado pola Deputación, para recollida e entrega dos alimentos.

Na actualidade, a entidade dispón de equipos informáticos e bases de datos cos beneficiarios, “co fin de evitar duplicidades de datos e conseguir un reparto máis equitativo, xusto e eficiente dos alimentos ou servizos”.

- Publicidade -spot_img