spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Asociación de Violonchelistas de Galicia organiza o seu III Curso de...

A Asociación de Violonchelistas de Galicia organiza o seu III Curso de Verán 2018 Concello en Gondomar

a-asociacion-de-violoncellistas-de-galicia-organiza-o-seu-iii-curso-de-veran-2018-concello-en-gondomarA Asociación de Violonchelistas de Galicia Soncello foi fundada en 2012 e promove actividades co ánimo de dinamizar a cultura e o coñecemento arredor do violoncello en Galicia. A Asociación ten organizado Xuntanzas, Encontros, concertos, concursos e máis recentemente os seus cursos de Verán Soncello.

Nesta ocasión, Soncello está organizando o III Curso de Verán 2018, que ten lugar no Conservatorio Municipal de Música de Gondomar entre o 1 e o 6 de xullo.

O III Curso de Verán Soncello consistirá nunha serie de actividades co violonchelo como eixo central distribuidas ao longo da semana, como poden ser clases individuais, clases de música de cámara e tamén de orquestra de violonchelos.

O profesorado desta edición inclúe a Carolina Landriscini, Fernando Santiago, Isabel Figueroa e Isabel Font. O profesor convidado nesta ocasión será o afamado violonchelista portugués Paulo Gaio Lima, que impartirá masterclasses os días 4 e 5 de xullo.

Ademáis das clases de violonchelo, o alumnado poderá participar nos obradoiros de Pilates, e noutras actividades de lecer.

O curso iniciouse cun pequeno concerto de benvida a cargo do profesorado do curso no Auditorio Lois Tobío de Gondomar o pasado domingo 1 de xullo ás 20’30 horas.

Outros concertos que terán lugar durante a semana inclúen o concerto de violonchelo barroco de Saúl Nogareda e Fernando Santiago o luns 2, e tamén outro concerto o xoves 5, con agrupacións de cámara formadas por alumnos e profesores, ambos os dous na Igrexa de San Bieito ás 21’00 horas do  luns 2 e o xoves 5 respectivamente.

O broche final estará a cargo do alumnado do curso e a Orquestra de Violonchelos, formada con todos os participantes das diferentes modalidades de matrícula, no Auditorio Lois Tobío do Conservatorio de Gondomar o venres 6 ás 18’00 horas, momento no que se fará entrega dos diplomas de participación. Todas as actividades son de acceso libre.

Na organización do III Curso de Verán participan a Concellería de Cultura de Gondomar, a Concellería de Turismo de Gondomar, o Conservatorio Municipal de Música de Gondomar, o Hostal Paz e o Hotel Cristaleiro.

- Publicidade -spot_img