A Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo

Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivoA Asociación de persoas con discapacidade Vontade de Tomiño organiza, durante o mes de xullo, actividades de turismo e deporte inclusivo. O pantalán adaptado de Goián, no Espazo Fortaleza, será o punto de partida das xornadas náuticas compartidas por Cerveira e Tomiño.

Esta mañá foi presentada ao público a actividade nun acto que tivo lugar no pantalán adaptado de Goián. Presidido pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o acto foi o punto de partida dunha serie de rutas turísticas e deportivas que teñen coma obxectivo amosar o patrimonio do río Miño e as súas áreas de influencia. Representantes da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira e da asociación Vontade, participaron tamén no acto celebrado a carón da praia fluvial de Goián.

Segundo informaron os organizadores da actividade, haberá tres modalidades de participación:

1.- DEPORTE TURISMO INCLUSIVO para amosar o patrimonio cultural e fluvial do río Miño.

2.- ORIENTACIÓN INCLUSIVA, destinada a probar a capacidade de coordinación e traballo en equipo das persoas participantes.

3.- PROBA DE SLALOM, realizando por equipos un percorrido trazado, nun tempo determinado, con diferentes probas de dificultade.

Información e inscricións na Asociación Vontade. Teléfono 00 34 986 62 30  44 e info@vontade.org

O proxecto Deporte Náutico inclusivo foi presentado conxuntamente no OPT 2018 por Vontade e máis a Associação Desportiva e Cultural da Juventude de Cerveira, e terá continuidade no Outono coa divulgación do deporte do remo entre escolares de 8 a 18 anos de ambos os dous concellos.

O Orzamento participativo transfronteirizo forma parte da Axenda Estratéxica de Cooperación Cerveira-Tomiño, un proxecto cofinanciado ao 75% pola convocatoria INTERREG VA POCTEP, fondos FEDER da UE.

 

Please follow and like us:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies