spot_img
InicioVal MiñorGondomarA Agrupación Tenis de Mesa de Vincios convírtese nun dos equipos deportivos...

A Agrupación Tenis de Mesa de Vincios convírtese nun dos equipos deportivos embaixadores da marca turística Rías Baixas

a-agrupacion-tenis-de-mesa-de-vincios-convirtese-nun-dos-embaixadores-da-marca-turistica-ras-baixasA Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e a secretaria da Agrupación Deportiva Vincios de tenis de mesa, María Belén González Ramírez, firmaron hoxe no pazo Provincial un convenio de colaboración para o patrocinio da entidade deportiva.

No acto tamén estiveron presentes o alcalde de Gondomar, Paco Ferreira,  o presidente do Vincios, Vicente Pintos e a deputada de Deportes, Chelo Besada. Estas axudas enmárcanse dentro do Plan Estratéxico de Deportes da Deputación dirixido a divulgar e promover os valores da práctica deportiva, así como crear sinerxias cos clubs de elite para que se convirtan en embaixadores da marca turística Rías Baixas.

O patrocinio convirte ao club gondomareño nun dos equipos deportivos  embaixadores da marca turística Rías Baixas

A través deste acordo, o club comprométese a inserir o logo da Deputación na camiseta do primeiro equipo, que compite na Superdivisión Masculina (máxima categoría desta disciplina), así como tamén na do equipo da División de Honra Feminina, que é a segunda liga nacional. Igualmente, colocarase o logo da institución provincial en diferentes espazos do Pavillón Municipal de Gondomar, no chándal oficial do club en todas as categorías e na camiseta oficial das categorías inferiores, así como na web, facebook e cartelería das competicións que a agrupación organice.

A Agrupación Deportiva Vincios, que asina por primeira vez un acordo de colaboración coa Deputación de Pontevedra, ademais de competir hoxe en día na Superdivisión masculina, e na División de Honra feminina, está integrado por 70 deportistas, conta con 9 equipos e cuns trinta rapaces e rapazas nas súas escolas deportivas.

En total 12 clubs da provincia asinarán acordos de colaboración coa Deputación de Pontevedra por un total de 900.000 € dentro da liña de apoio o deporte de Pontevedra.

 

 

- Publicidade -spot_img