spot_img
InicioVal MiñorBaionaA actriz galega María Castro Jato é unha incondicional da Arribada

A actriz galega María Castro Jato é unha incondicional da Arribada

a-actriz-galega-maria-castro-e-unha-incondicional-da-arribadaQue a Arribada canta con miles de devotos é un feito pero o que poucos saben é que a recentemente declarada Festa de Interese Turístico Internacional conta cunha gran embaixadora máis aló das nosas fronteiras, a actriz María Castro Jato.

Na pasada edición de FITUR, a actriz galega deixouno claro. Pasouse pola caseta de Galicia e non dubidou en mostrar coa súa presenza o apoio ao municipio baionés.

A intérprete quixo deixar constancia do seu patrocinio á festa medieval cunha instantánea tomada diante do espazo dedicado ás Festas de Interese Turístico Internacional que a Xunta preparou para expoñer en FITUR. Castró quixo retratar para a inmortalidade a primeira vez na que a ‘Festa da Arribada’ figurada neste club exclusivo de festexos entre os que a festa se atopa xunto con outras 8 celebracións galegas. Fíxoo acompañada polo Alcalde do Municipio, Angel Roda, e a Concelleira de Turismo, Beatriz González, que se desprazaron o pasado mes de xaneiro a Madrid co fin de facer unha gran promoción turística da vila.

Castro adoita visitar a vila durante a celebración da Arribada unha celebración que procura non perderse a pesar da súa apertada axenda. En época estival é fácil atoparse con María polas empedradas rúas baionesas, pois desde a infancia veranea en Baiona e a Real Vila é o seu segundo lugar de residencia.

Tal é a súa vinculación que en 2009 o Concello de Baiona fíxolle entrega da Carabela de Ouro pola súa traxectoria profesional pero sobre todo o seu labor na difusión de Baiona como municipio de excelencia turística.

Esta nova edición da Arribada será máis especial que nunca ao ser a primeira tras a súa Declaración como Festa de Interese Turístico Internacional. Para iso o Concello de Baiona preparou unha completa programación con actividades para toda a familia durante os tres días de festa medieval que se celebrarán na Real Vila.

O Concello comeza coa conta atrás para presentar o mellor de se o fin de semana os centos de veciños e visitantes que se pasaearán polo tradicional mercado medieval. Tan só quedan unhas horas para celebrar o evento, e Baiona mergullada de cheo nos preparativos xa poden observarse moitos elementos de atrezo nas rúas. A organización da Arribada da carabela Pinta supón un esforzo organizativo de enorme importancia para o municipio.

Os operarios de vías e obras da localidade comezan cos traballos para a celebración do evento desde un mes antes do evento. A planificación faise desde semanas antes, pero os elementos comezan a colocarse no mes anterior á festa. Na edición de 2016 está previsto que 200.000 persoas acudan a gozar da Arribada.

Esta semana xa podían observarse moitos dos elementos de atrezo que darán ambiente a unha celebración de carácter medieval. Nas rúas obsérvanse as bandeiras co nome da localidade e en varios balcóns tamén se poden atopar escudos. Na Praza do Concello están preparadoas todas as mesas dos distintos postos, que serán distribuídas durante os próximos días para terminar no seu destino final. Tamén de poden observar as distintas casetas na rúa Carabela Pinta e na zona do parque da Palma, onde se organizarán boa parte das actividades.

- Publicidade -spot_img