spot_img
InicioVal MiñorGondomar“7 artes para un entroido” da Asociación de Carnavais de Mañufe, gañadora...

“7 artes para un entroido” da Asociación de Carnavais de Mañufe, gañadora do desfile de Carnaval de Gondomar

“7 artes para un entroido”-Asociación-Carnavais-Mañufe-gañadora-desfile-Carnaval-GondomarO 2º e 3º premio recaeron en “Piratadas por un tubo” de Nigrán e en “Vinciocas-Piratas” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios, respectivamente.

Despois do gran desfile de Carnaval o pasado domingo 15 de febreiro, da man de 15 comparsas chegadas de Nigrán, Baiona, Tomiño, Goian, A Garda, Vigo e Gondomar que encheron de cor e música as principais rúas do concello, procedeuse a noite de onte á entrega dos premios.

Ao rematar o Desfile Infantil que tivo lugar a tarde do martes, a festa continuou cunha gran verbena amenizada polo grupo “Aramio”, mentres as comparsas participantes esperaban o veredicto e clasificación das agrupacións no desfile do domingo.

Finalmente o xurado, composto por membros que integran o mundo social-artístico-cultural do municipio outorgou o primeiro premio dotado de 700 euros á Asociación de Carnavais de Mañufe, con “7 artes para un entroido”. “Piratadas por un tubo” de Nigrán e “Vinciocas-Piratas” da Asociación de Veciños Galiñeiro de Vincios recibiron o segundo e terceiro premio, respectivamente, dotados con 600 e 500 euros cada un. Ademais dos premios en metálico, tamén recibiron unha cesta de produtos porcinos. As restantes 12 comparsas participantes recibiron un donativo de 400 €.

O premio especial á mellor carroza das comparsas, dotado con 300 euros, volveu recaer na Asociación de Carnavais de Mañufe con “7 artes para un entroido”.

Dende o Concello de Gondomar agradécese a gran participación neste tradicional desfile, que congregou a un gran número de veciños e participantes.

Onte celebrouse o tradicional Enterro da Sardiña ás 19.30 seguido do funeral, a comitiva, a lectura do testamento e o propio enterro de Dona Sardiña, que deu, por finalizado este Carnaval 2015.

Clasificación de comparsas participantes Gondomar 2015

- Publicidade -spot_img