spot_img
InicioGalicia600 deportistas de toda Galicia participarán no Campionato Galego de Piragüismo

600 deportistas de toda Galicia participarán no Campionato Galego de Piragüismo

600-deportistas-toda-galicia-participaran-no-campionato-galego-piraguismoO Campionato Galego de Piragüismo reúne o vindeiro 2 de xullo en Verducido a 600 deportistas de 35 clubs

O vindeiro domingo día 2 de xullo celébrase no Complexo Deportivo David Cal de Verducido o Campionato Galego de Pista para as categorías xuvenil e senior sobre as distancias de 1000 e 200 metros para os homes, pola contra as mulleres competirán sobre 500 e 200 metros.

Nesta ocasión a coincidencia co campionato de Europa de maratón, na que se espera que a ampla representación galega desprazada ata Portugal consiga numerosos éxitos, fixo que a data elixida para disputar un evento tan importante como é un campionato galego, fose o domingo e así non solapar unha regata con outra.

O bo momento do piragüismo galego reflíctese no gran número de inscritos que para esta regata chega aos 600 deportistas que representan a 35 clubs. A inscrición previa déixanos varios nomes importantes, como son o actual campión olímpico de K2 200 metros Cristian Toro, Carlos Pérez ‘Perucho’, Diego Dacosta, Carlos Arévalo o Diego Romero.

Antes da celebración desta importante proba do calendario galego os distintos líderes da clasificación son el Club Náutico Pontecesures en junior masculino, pola contra o primeiro clasificado en mulleres é o Club As Torres Romería Vikinga. Por último na categoría senior masculina impera o dominio do Club Piragüismo Vilaboa, pola contra o Club de Mar Ría de Aldán conserva a primeira posición en mulleres.

- Publicidade -spot_img