spot_img
InicioVal MiñorNigrán42 proxectos empresariais pasan á Academia da Aceleradora VíaGalicia

42 proxectos empresariais pasan á Academia da Aceleradora VíaGalicia

Porto do Molle

Tres ideas de negocio do sector aeroespacial, máis outras trinta e nove de sectores máis tradicionais, foron seleccionadas para pasar á fase de Academia da aceleradora de empresas ViaGalicia promovida conxuntamente polo Consorcio da Zona Franca e a Xunta de Galicia.

O primeiro destes proxectos de empresas -que serán o gérmen da nova aceleradora específica deste sector que se instalará en Porto do Molle- Aistech Spàce, está baseada en xerar información de valor e permitir a comunicación captando datos desde o espazo mediante unha constelación de Cubesat; a segunda, Alen Space, tratará de dar un servizo de acceso ao espazo de maneira frecuente, rápida e fiable a custo eficiente para empresas e entidades de I+D+i e a terceira,-3Data de Enxeñería Ambiental, é unha empresas que ofrece servizos de análises de información territorial obtida mediante avións de control remoto.

Conscientes da importancia que ten que un emprendedor arrisque e aposte o seu tempo e o seu patrimonio persoal para levar adiante a súa idea de negocio, o comité técnico de VIAGALICIA, fixo públicos hoxe os nomes dos proxectos que, durante sete semanas, participarán na fase de Academia. “Foi unha responsabilidade e un esforzo grande por parte do comité o poder seleccionar de entre os 236 proxectos presentados á 4ª edición estas iniciativas empresariais que agora poderán perfeccionar o seu modelo de negocio e prepararse para saltar á fase de Aceleración” dixo a Delegada do Estado, Teresa Pedrosa do traballo dos técnicos que lle deron paso a 20 por cada sede de Vigo e Lugo máis a tres específicos do sector da aeronáutica. Os sectores que agruparon máis número de ideas de negocio este ano foron as do sector TIC, téxtil e moda, bens de consumo, agroalimentario e pesca e cultura e lecer.

Como en anos anteriores, a fase de Academia, de sete semanas de duración, desenvolverase os venres pola tarde e os sábados pola mañá. Xa se comunicou aos proxectos seleccionados que as sesións comezarán na sede de Vigo o vindeiro venres 28 de outubro, e na sede de Lugo o venres 4 de novembro sendo obrigatoria a presenza de dous membros do equipo durante toda a fase formativa. Nesta edición a Academia adopta máis ben un formato de pre-aceleración xa que nela axúdase aos promotores para traballar o seu modelo de negocio, a contrastar as hipóteses de partida, definir o produto mínimo viable (PMV), a analizar as condicións dos pactos de socios ou a deseñar as súas estratexias de márketing online e offline así como a practicar a súa presentación de impacto desde o primeiro día.

Co fin de coñecer en maior detalle os modelos de negocio expostos polos promotores, así como as posibilidades de éxito e compromiso dos equipos, as xornadas desenvólvense de forma intensiva durante estas sete semanas con sesións de grupo, titorías individuais e mesas redondas.

Completada a Academia celebrarase un Demo Day en cada unha das sedes que permitirá avaliar cales serán os 15 finalistas que participarán no proceso de aceleración que terá lugar no Centro de Negocios de Porto do Molle máis os específicos do sector aeronáutico. Estes finalistas poderán recibir unha contribución financeira de ata 125.000 euros, dos que 75.000 serán achegados pola Xunta a través da Axencia Galega de Innovación e Xes Galicia e os outros 50.000 polo Consorcio a través da sociedade de capital-risco Vigo Activo. Ademais destas cantidades, que se entregarán baixo as modalidades de subvención a fondo perdido e de préstamos participativos, os finalistas terán servizos personalizados de mentoring e un espazo gratuíto no coworking do Centro de Negocios de Porto do Molle.

“Con esta edición de ViaGalicia estamos a superar nosas propias expectativas” declarou Pedrosa, “xa que é un feito que está considerada como a maior aceleradora de iniciativa pública de España”. ViaGalicia ten un orzamento de investimento estimado en 2.420.000 euros e, tras a celebración desta cuarta edición, apoiáronse 53 empresas con formación a medida e 4.890.000 euros de achega de capital.

Listaxe vg16_proyectos-seleccionados-academia

 

- Publicidade -spot_img