spot_img
InicioVal MiñorNigrán350 atletas disputarán en Nigrán o 'I Triatlon Desafío Illas Estelas'

350 atletas disputarán en Nigrán o ‘I Triatlon Desafío Illas Estelas’

O entorno de praia América-Panxón acollerá durante toda a mañá as dúas probas, que teñen diferentes distancias en cada disciplina.

 Un total de 350 deportistas disputarán este domingo en Praia América-Panxón o ‘I Triatlon Desafío Illas Estelas’ organizado dende o Concello de Nigrán, Desafío Islas Cíes e Lodeco SLU con vocación de consolidarse dende esta primeira edición e ser un referente no calendario deportivo. Este constará de dúas probas, por un lado unha de ‘Supersprint’ cunha distancia de 300 metros en natación, 13 km en ciclismo e 2,5 km de carreira a pé; e por outra banda unha de ‘sprint’ con 750 metros de natación, 19’5 km de ciclismo e 5 km de carreira a pé. As inscricións xa están esgotadas, sendo 250 corredores na proba de sprint e 100 en supersprint.

350-atletas-disputaran-en-nigran-o-i-triatlon-desafio-illas-estelasA carreira desputarase segundo a normativa vixente no Regulamento Oficial de Competicións das Federacións Galega e Española de Triatlon e estableceranse diferentes categorías (supersprint dende infantil ata veteráns e sprint partindo dende cadetes). A saída, transición e meta terá lugar en Panxón, frente as pistas de tenis de Gaifar, comezando ás 11.00 horas a primeira carreira (os deportistas deben estar para o control de material a partir das 10.00 horas). O circuito de natación sitúase en frente, o de ciclismo percorre a estrada pola vía ata a Foz, e o da carreira o paseo marítimo.  A estrada será cortada no momento mesmo en que se dispute a proba.

A entrega de premios está prevista ás 14.00 horas neste mesmo punto, habendo trofeos para os tres primeiros clasificados e un agasallo conmemorativo para cada participante que remate.

 

 

 

- Publicidade -spot_img