spot_img
InicioBaixo Miño35 músicos participarán na IV edición do Concurso de Xoves Intérpretes "Antonio...

35 músicos participarán na IV edición do Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja” do Rosal

A Agrupación Musical do Rosal celebra esta fin de semana o seu Concurso de Xoves Intérpretes “Antonio Granja”. Na categoría C participarán intérpretes de toda Galicia e tamén chegados de Portugal.
 
O certame, do que este ano se celebra a cuarta edición, naceu coa intención de ofrecer un estímulo máis no estudio dos rapaces e rapazas da escola de música da Agrupación. 
O Auditorio Municipal do Rosal acolle entre o sábado e o domingo o certame no que participarán 35 xoves músicos.
 
O concurso consta de tres categorías. Dúas delas están destinadas a alumnado da propia escola de música ou compoñentes da Agrupación Musical do Rosal (de 10 a 12 anos a categoría A, e de 13 a 16 anos a categoría B). A terceira categoría, a C (de 17 a 23 anos) está aberta, dende a anterior edición, a intérpretes de calquera procedencia. Esta categoría terá como atractivo, aparte dos tres premios (de 500, 300 e 200 euros), que o gañador terá a oportunidade de actuar como solista coa Banda da Agrupación nun concerto posterior. O concurso trata desta maneira de ser un estímulo a xoves estudantes de música de calquera procedencia, e ten como obxectivo converterse nun referente a nivel galego.
 
As categorías A e B terán lugar este sábado día 26 (17:30 e 19:00 horas respectivamente); a categoría C desenrolarase o domingo día 27 e constará de dúas fases: unha eliminatoria (que comezará ás 11:00 horas), e a fase final (ás 19:00 horas) onde sete finalistas competirán polos tres premios.
- Publicidade -spot_img