spot_img
InicioBaixo Miño300 remeiros de España e Portugal participarán na Regata Internacional do Miño

300 remeiros de España e Portugal participarán na Regata Internacional do Miño

300-remeiros-espana-e-portugal-participaran-na-regata-internacional-do-minoEsta mañá tivo lugar na sala de concelleiros de Tui a presentación da XIV Regata Internacional Copa presidente da Deputación e 38º Regata Miño Internacional. O evento celebrarase o domingo 14 de xaneiro e sairá dende Currás, Tomiño, para chegar ás instalacións do Club Remo do Miño en Tui.

Na presentación interviron Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui; Andrés Urseira González, concelleiro de Deportes; José Luís Méndez García, presidente do Club Remo do Miño; así como José Prada Álvarez e Manuel Ángel González, vicepresidente e delegado do mesmo.

Foi o concelleiro de Deportes, Andrés Urseira que comezou a falar destacando a lonxevidade deste evento deportivo que conseguiu consolidarse grazas ao bo facer do Club Remo do Miño, así como o gran número de participantes. Asegurou que se trata dunha proba que serve unha vez máis como vehículo para dar a coñecer Tui fóra do noso entorno. Finalmente quixo animar a que o público se achegue ata  rio e que cun simple paseo poida disfrutar da prueba.

Pola súa banda José Prada, vicepresidente do Club Remo do Miño, expresou a súa satisfacción ao cumprir coas expectativas para esta proba, sobre todo en canto a participación, “posiblemente sexa a máis participativa dos últimos anos, soamente superada cando esta facíase conxuntamente co campeonato de España de Remo de Fondo“. Tamén informou que para este domingo están xa confirmados 251 deportistas e coa participación de equipos de Portugal, agardan superar os 300 inscritos. “O 4 absoluto feminino que sempre era unha final direita a unha soa manga, temos doce embarcacións en línea. Ver esta regata desde a Ponte Internacional é espectacular.”

300-remeiros-espana-e-portugal-participaran-na-regata-internacional-do-minoTamén Manuel Ángel González, delegado do Club Remo do Miño, falou da participación e quixo destacar o gran número de participantes nas categorías femininas desta edición “estamos encantados”. Amais foi o encargado de explicar os aspectos máis técnicos dunha regata cunha distancia de 6.000 metros e que terá saídas en liña en varias mangas dependendo das categorías.

José Luís Méndez, presidente do Club Remo do Miño, aproveitou para agradecer ao Concello a súa aposta por un deporte olímpico ” considéraselle o deporte máis completo que compite nos xogos olímpicos “, e que se iniciou en Tui hai máis de 40 anos.

Finalmente o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quixo felicitar ao Club Remo do Miño “como socio e exmembro, foi unha tempada moi breve, pois é un deporte moi duro, sobre todo no periodo inicial” , por ser capaz de manter a continuidade dun evento que une a grande beleza do deporte coa beleza do entorno.

A regata que contará este ano participará coa participación do histórico Arraun Lagunak, club vasco que foi Campeón de España, terá a súa primeira saída ás 11:45 horas dende Currás e a entrega de trofeos nas instalacións do Club Remo do Miño está prevista para as 13 horas.300-remeiros-espana-e-portugal-participaran-na-regata-internacional-do-mino

 

 

 

- Publicidade -spot_img