spot_img
InicioVigo e áreaSoutomaior30 nenas e nenos participaron, acompañados polas súas familias, na primera das...

30 nenas e nenos participaron, acompañados polas súas familias, na primera das visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

30-nenas-e-nenos-participaron-acompanados-polas-suas-familias-na-primera-das-visitas-teatralizadas-ao-castelo-de-soutomaiorUnha trintena de nenos e nenas foron nomeados os primeiros “cabaleiros e cabaleiras” do Castelo e gañaron unha “encarnizada batalla” ós adultos

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera e o deputado de Turismo, Santos Héctor, presidiron esta tarde a primeira visita teatralizada ao Castelo de Soutomaior deste 2017, unha iniciativa posta en marcha pola institución provincial o pasado ano e que se repite agora cun novo enfoque máis lúdico dirixido a toda a familia, e con todas as entradas esgotadas para esta primeira función. Ata 30  nenas e nenos, acompañados polas súas familias, puideron participar nesta primeira función, que mergullou aos e ás participantes “nunha divertida aventura a través da que coñeceron os segredos e historia deste monumento medieval e que fixo as delicias dos e das máis pequenas da casa”, segundo sinalou a presidenta.

Un bufón e un trobador medieval acompañado polo seu laúde, foron os encargados de guiar aos e ás visitantes polas diferentes estancias do castelo, onde as e os participantes puideron coñecer, a través de xogos e cancións, que tipo de comida se preparaba nos castelos, cales eran os cultivos daquela época ou quen foi a ilustre impulsora do feminismo María Vinyals, a “Marquesa Roxa”. Os máis pequenos e pequenas foron incluso retados a intentar liberar a un cabaleiro nos calabozos do castelo, e para conseguilo tiveron que pasar unha serie de probas que os e as conduciron ata a chave que abría a porta da súa celda.

30-nenas-e-nenos-participaron-acompanados-polas-suas-familias-na-primera-das-visitas-teatralizadas-ao-castelo-de-soutomaiorComo broche final, os nenos e nenas foron agasallados pola súa fazaña co seu nomeamento como cabaleiros e cabaleiras do Castelo de Soutomaior. A visita rematou cunha pequena batalla de espadas e un baile conxunto , que foron os encargados de mergullar aos e ás participantes nunha divertida aventura a través da que coñeceron os segredos e historia deste monumento medieval

Outra das grandes novidades deste ano é que as entradas para as visitas poden adquirirse a través de internet en ataquilla.com. As entradas teñen un custo de 2€ por persoa e reducido de 1€ para os nenos e nanas, o que permitirá facilitar ás e aos visitantes os trámites e ter un mellor control do acceso público. En total ofreceranse 34 funcións de 45 minutos, catro máis que o ano pasado, para un máximo de 30 persoas por pase. As visitas deberán solicitarse como mínimo cunha semana de antelación á data prevista e non se poderán reservar máis de 5 prazas por persoa. Tan só uns días despois de anunciarse, as reservas van a tal ritmo que, na práctica, restan entradas soltas para os vindeiros dous meses

O calendario das visitas prolongarase ata o mes de setembro. A próxima función será o luns,día 29, ás 17:00 horas. En xuño serán o 1, 5, 8 e 12, ás 17:00 horas, e os días 19, 22, 26, e 29, ás 18:00 horas. En agosto terán lugar os días 3, 7, 10, 14, 17, 21, 24, 28 e 31, ás 18:00 horas. Por último, en setembro serán os días 4 e 7, ás 18:00 horas e os días 11, 14, 18, 21, 25 e 28, ás 17 horas.

- Publicidade -spot_img